PREVIA. FIN DE SEMANA DO 5 AO 8 DE MARZO DE 2015

O DERBY DE MODESTOS COMO PRATO FORTE


Primeira semana de competición do mes de marzo para todas as categorías do club na que destaca o derby dos modestos e o partido dos xuvenís.


 

MODESTOS: Reciben a visita do G. de Mugardos "B" nun novo derby entre veciños. O Numancia situado na 5ª posición con 35 puntos, aínda que cun partido menos, e o Mugardos "B", na 8ª con 33 puntos, tratarán custe o que custe de levarse unha vitoria que os manteña na zona media alta xa que a separación de puntos dos postos medio altos da táboa é mínimo. Sen dubida un partido que promete, como no podería ser menos cando se trata dun derdy. A cita será, o domingo ás 16:30 h en Prados Vellos.

Numancia de Ares. Afeccionados

XUVENÍS: Nova proba de lume que terán que superar para repoñerse da amarga derrota sufrida o pasado fin de semana. Para os xuvenís de aquí ata final de liga todos os partidos serán unha final. A marxe de manobra da que dispoñen e escaso e non se poden permitir máis pinchazos se queren manter as súas opcións. Este fin de semana reciben a visita do Eume Deportivo que a bo seguro non virá a poñer as cousas doadas aos de Ares. A cita está programada para o sábado ás 16:30 h en Prados Vellos.


CADETES: Visitan nesta xornada a un equipo situado cinco puntos por enriba na clasificación, o Ortigueira. Partido da zona media da táboa no que o Numancia tratarán de puntuar para seguir escalando posicións. Será o sábado ás 11:30 h en San Claudio.


INFANTIS: Reciben a vista do Amistade Meirás, equipo situado na zona media alta da clasificación. Os de Ares tratarán de manter a boa imaxe amosada a pasada semana e sacar algo positivo para así ir deixando atrás os postos baixos. Será o sábado ás 10:30 h en Prados Vellos.


FUTBOL - 8: Abre a xornada o derby de biberóns, no que os máis pequenos do Numancia e do G. de Mugardos disfrutarán dunha nova xornada da liga AFACO de F-8, será o xoves ás 17:30 h en Prados Vellos. O venres, os prebenxamíns “B” reciben en Prados Vellos a visita de O Vál “B”, ás 18:00 h. O mesmo día, pero en distinto escenario, neste caso en Caranza, os benxamíns xogan a domicilio ante o G. de Caranza "D" ás 19:00 h. O sábado, toca madruga para os alevíns que se desprazarán ata Cariño para ás 10:30 h xogar o seu partido contra o Cariño. E ás 11:00 h pechan a xornada os prebenxamíns "A" que xogan a domicilio co G. de Caranza.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.