ITV. FIN DE SEMANA DO 27 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO DE 2015

A NOTA NEGATIVA DA XORNADA, PARA OS XUVENIS

Bos resultados os obtidos polos equipos das distintas categorías do Club no pasado fin de semana, agás do tropezón dos xuvenís. Analizamos a xornada:

 



MODESTOS: Partido suspendido polo mal estado do terreo de xogo do Poboado.

XUVENÍS: Trompazo do conxunto xuvenil ante un dos equipos da zona baixa da táboa. Os pupilos de Alex desaproveitaron unha boa oportunidade para continuar mantendo as diferenzas cos seus máis inmediatos perseguidores e agora ven como volven a pisarlles os talóns. Pero máis alá dos resultados, que aínda queda moita tea que cortar, o peor do partido foi a imaxe antideportiva que mostraron os de Ares ao finalizar o partido. Só esperamos que non volvan a repertirse acontecementos similares.

CADETES: Mala sorte a dos cadetes este pasado fin de semana que vían como no último minuto se lles escapaban os tres puntos. A seguir loitando, este é o camiño.

INFANTÍS: Gran partido o dos pupilos de Jorge ante o Maniños este pasado domingo en Os Pinares. Partido moi traballado e tres puntos importantes que os afastan un pouquiño máis dos últimos postos.

FUTBOL - 8: Os alevíns vencían ao Val "B" en Prados Vellos. Os benxamíns tamén vencían o líder, o Perlio, en Prados Vellos. Os prebenxamíns "A" facían o propio ante o Rápido de Neda. E os prebenxamíns "B", único equipo da base que xogaba fora da casa tamén gañaba a domicilio ante o G. de Caranza "D". En canto aos biberóns suspendeuse o partido ante o Galicia de Mugardos en Prados Vellos debido ás inclemencias climatolóxicas.

 

Numancia de Ares. Xogo limpo dentro e fora.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.