ITV. FIN DE SEMANA DO 19 AO 22 DE FEBREIRO DE 2015.

ORGULLO XUVENIL

Nova fin de semana de competición para todos os equipos do Numancia. Tivemos de todo como en botica salientando a ledicia dos xuvenís que se auparon ao liderado da competición. Analizamos a xornada:



MODESTOS: Rompeuse a racha de resultados positivos. Despois dun mes de vitorias ou empates o primeiro equipo volveu a caer, desta vez ante o CD Cariño en Prados Vellos nun partido moi raro. Esta derrota non impide que o Numancia siga asentado na 5ª posición da clasificación da Segunda Autonómica.
Numancia de Ares. Os xuvenís celebrando un gol.
XUVENÍS: Os rapaces dos xuvenís seguen ao seu. Na primeira xornada da segunda volta visitaron Moeche e alí venceron con relativa comodidade ao colista da categoría, o CD San Sadurniño. Con este resultado o equipo xuvenil situase como líder da categoría, 2 puntos por enriba do 2º clasificado Portuarios e o que é máis importante, cun "colchón" de 5 puntos sobre o 3º clasificado, o CD As Pontes. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡

CADETES: Venceron en Cariño ante o colista na 12ª xornada de Liga Cadete - Coca Cola grupo 3º.

INFANTÍS: Foron superados polo Cedeira SD en Prados Vellos na 15ª xornada da Liga Infantil - Pizza Movil grupo 3º.

FÚTBOL - 8: Os alevíns perdían ante o R. San Pedro en A Gándara. Os benxamíns vencía en Aneiros ao Portuarios. O prebenxamín "A" caía ante o líder do grupo 1º, o Racing de Ferrol. O prebenxamín "B" vencía con emoción ao Freixo - Narón en Prados Vellos no grupo 2º da categoría. Os biberóns disputaban un partido amigable de fútbol - 6 ante o Galicia de Mugardos no pavillón de Ares para despedirse do fútbol sala por esta temporada.

En resumo, unha xornada na que os modestos siguen na zona alta da Segunda Autonómica. Os xuvenís co seu liderato teñen a toda a parroquia numantina soñando e vivindo algo que non se recordaba por estos lugares. O resto das categorías seguen saltando aos terreos de xogo da comarca coa ilusión de aprender en cada partido.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.