PREVIA. FIN DE SEMANA DO 19 AO 22 DE FEBREIRO DE 2015.

INTENTAREMOS SEGUIR NA BOA LÍNEA

Nos últimos coletazos do Entroido o fútbol segue reclamando o seu protagonismo. Este fin de semana xogan todas as categorías do Numancia en Ares e tamén a domicilio. Analizamos o que nos agarda:

 



MODESTOS: Comezan a recta final da 2ª Autonómica xa que faltan 10 xornadas para o final. Nesta xornada reciben a un dos equipos que busca conseguir a permanencia canto antes, un CD Cariño que nas suas últimas visitas sempre sacou algo positivo de Ares. O noso equipo buscará seguir na boa línea das últimas semanas e conseguir os tres puntos para afianzarse na zona alta. Será o domingo as 16:30 cando a Marea Vermella teña cita co primeiro equipo en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡
Numancia de Ares. Alevíns.
XUVENÍS: Despois do gran final da primeira volta, toca comezar a segunda e defender a vantaxe ante os perseguidores, así como perseguir ao líder. Nesta xornada viaxan ata Moeche (ollo ó cambio) para xogar ante o colista, o CD San Sadurniño. Non deberán confiarse os nosos rapaces xa que nesta Liga todos os equipos son compricados e dan moita guerra en cada partido. Cita cos xuvenís o sábado as 11:00 no magnífico céspede natural do Municipal de Moeche.

CADETES: Comezan a segunda volta afrontando un dos desprazamentos mais longos da temporada. Buscarán non caer na relaxación ante o último clasificado, o CD Cariño para traer os tres punto para Ares. Será o sábado as 11:30 no Municipal de Cariño.

INFANTÍS: Reciben na segunda xornada da segunda volta ao Cedeira SD un equipo que está xusto por enriba dos numantinos na clasificación. Buscarán os rapaces a vitoria para comezar a subir postos na clasificación e seguir progresando. Será o sábado as 16:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

FÚTBOL - 8: Abren xornada os biberóns que este xoves as 17:30 xogan un partido de fútbol - 6 amigable ante os veciños do Galicia de Mugardos no pavillón de Ares. O venres as 18:00 o prebenxamín "A" visita ao líder absoluto de prebexamíns, o Escuela Racing de Ferrol na Malata. As 19:00 os benxamíns xogan en Aneiros - Serantes ante o Portuarios. Para o sábado quedan os alevíns que xogan as 11:00 en A Gándara - 3 ante o Racing San Pedro e o prebenxamín "B" que recibe en Prados Vellos as 11:30 ao SCDR Narón O Freixo.

En definitiva, un fin de semana no que a entidade buscará seguir co momento de ledicia de modestos e xuvenís e onde os rapaces da base buscarán seguir aprendendo e disfrutando co fútbol.

¡¡¡Vémonos en Prados Vellos, Moeche, Cariño, A Gándara, Serantes, A Malata ou no Pavillón de Ares.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.