Inicio Noticias Xerais ITV. FIN DE SEMANA DO 13 A O 17 DE FEBREIRO DE 2015
 
 

ITV. FIN DE SEMANA DO 13 A O 17 DE FEBREIRO DE 2015

UNHA SEMANA PLETÓRICA

Vitoria importante dos modestos e golpe de autoridade dos xuvenís nunha semana que foi moi productiva para o noso club. Analizamos o que nos deixaron os partidos destos días pasados:

 



MODESTOS: Gran vitoria a domicilio ante un rival directo como o San Mateo para roubarlles a 5º posición da Segunda Autonómica.
Gol de IVAN que deu a vitoria aos xuvenís fronte As Pontes (17/02/2015)
XUVENÍS: ¡¡¡Qué gozada¡¡¡ O sábado superaban ao líder, o Portuarios en Prados Vellos. O martes no partido adiado hai duas semanas conseguían vencer ante outro rival directo como o CD As Pontes. Gran semana dos xuvenís que son 2º na Liga a 1 punto do Portuarios e 3 puntos por enriba do 3º clasificado, o Narón Balompé Piñeiros. ¡¡¡¡Noraboa a todos¡¡¡

CADETES: Conseguiron vencer a domicilio ante o SD O Val nun partido moi igualado no que os tres puntos viaxaron ata Ares.

INFANTÍS: Caeron derrotados ante o Ánimas a domicilio e axudaron na vitoria dos cadetes en O Val.

FÚTBOL - 8: Os alevíns caían derrotados ante o Ánimas en Prados Vellos nun partido moi parello. Os benxamín goleaban en Ares ao Cedeira. Os dous equipos pechaban unha gran primeira volta de competición. O prebenxamín "A" vencía con claridade en A Gándara ante o Ánimas e o prebenxamín "B" desfacíase do duro Cedeira en Prados Vellos.

En resumo, gran xornada para o club xa que as vitorias dos xuvenís e o golpe de autoridade transmiten confianza e ilusión a toda a parroquia numantina. Os espellos brillan moito a día de hoxe; a unión fai a forza. ¡¡¡Grazas a todos por animar e sufrir cos nosos equipos nesta semana tan especial¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.