Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 13 AO 17 DE FEBREIRO DE 2015.
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 13 AO 17 DE FEBREIRO DE 2015.

¡¡¡¡TOD@S COS XUVENÍS¡¡¡

Chega o Entroido e con él trae moito fútbol para tod@s. Modestos e xuvenís teñen partidos importantes, estos últimos por partida dobre. As demais categorías do Numancia xogarán tamén os seus partidos antes das mini - vacacións de Carnaval. Analizamos o que nos agarda:

 



MODESTOS: Visitan na 21ª xornada da Segunda Autonómica ao San Mateo. Enfróntanse o 5º e 6º clasificado, xa que os naroneses superan aos numantinos por un punto. Partido importante de cara a seguir co asalto a zona alta da clasificación. Vémonos no campo de Trasancos en San Mateo o domingo as 16:15 antes de desfrutar do Entroido. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
Numancia de Ares. Xuvenís.
XUVENÍS: O sábado os nosos xuvenís reciben ao líder, o Portuarios de Ferrol Vello. Primer partido importante do fin de semana para os xuvenís. A Marea Vermella está convocada o sábado as 16:30 en Prados Vellos para axudar ao equipo xuvenil da entidade.

O martes de Entroido as 16:30 nova convocatoria para a Marea Vermella xa que os xuvenís finalizan a primeira volta da Liga visitando a outro rival directo, o CD As Pontes. ¡¡¡Vémonos en O Poboado o martes as 16:30¡¡¡ Toca axudar estos días aos rapaces para que poidan seguir soñando na segunda volta.

CADETES: Finalizan a primeira volta da competición visitando a un rival tamén situado na zona media como é a SD O Val. Será o sábado as 18:00 no campo valexo de O Sinde.

INFANTÍS: Os infantís comezan unha serie de partidos ante rivais situados como eles na zona media da clasificación. O sábado as 11:45 xogan no campo artificial de A Gándara en Ferrol ante a SRD Ánimas en busca de comezar unha escalada na clasificación.

FÚTBOL - 8: Abren xornada o prebenxamín "A" o venres as 18:00 no campo de A Gándara - 4 ante o Ánimas e os benxamíns tamén as 18:00 ante o Cedeira en Prados Vellos. Tamén en Prados Vellos xogan xa o sábado os alevíns que reciben ao Ánimas as 10:30 e o prebenxamin "B" que xoga ante o Cedeira as 11:30. Os biberóns cambian este fin de semana o fútbol polas caretas e os disfraces.

En resumo, chega o Entroido con festa e fútbol. Partidos difíciles e bonitos para os modestos e os xuvenís. Encontros onde a Marea Vermella deberá estar presente. ¡¡¡Sabemos que estaredes alí¡¡¡

¡¡¡Vémonos este fin de semana en San Mateo, Prados Vellos, As Pontes, O Val ou nos campos de A Gándara.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.