Inicio Noticias Xerais ITV. FIN DE SEMANA DO 5 AO 8 DE FEBREIRO DE 2015
 
 

ITV. FIN DE SEMANA DO 5 AO 8 DE FEBREIRO DE 2015

OS MAIORES TIRAN DO CARRO

Primeira fin de semana de febreiro onde os modestos e os xuvenís seguen en boa situación. Cadetes e infantís non tiveron sorte esta semana e no fútbol - 8 disfrutaron moito cos partidos. Analizamos:

 



MODESTOS: Vitoria en Prados Vellos ante o Rosalía de Vilaboa para ratificar o bo momento e situarse mais preto da zona alta da clasificación.
Numancia de Ares. Afeccionados (08/02/2015)
XUVENÍS: Tiveron xornada de descanso por calendario onde perderon a 2º posición en favor do Narón. Adestrarán moi duro esta semana de cara a preparar os dous envites ante rivais directos, Portuarios e As Pontes (sábado e martes) dos que falaremos na previa da fin de semana.

CADETES: Caeron derrotados en Prados Vellos ante o 2º clasificado, o Portuarios. Os cadetes deron boa imaxe ante un dos equipos mais fortes da categoría pese á derrota.

INFANTÍS: Dulce derrota ante o 3º clasificado, o Narón Balompé Piñeiros. Os infantís compricáronlle moito as cousas aos naroneses dando unha moi boa imaxe no campo de O Cadaval.

FÚTBOL - 8: Os alevíns caían con claridade a domicilio ante o G. Caranza "D". Os benxamíns eran derrotados polo Racing San Pedro en A Gándara nun partido moi igualado. O prebenxamin "A" empataban en Prados Vellos ante o CD As Pontes nun partido onde mereceron moito mais. O prebenxamín "B" vencía en Pontedeume ao Eume Deportivo. Os biberóns despedían o xoves a Liga AFACO de fútbol - 6 cun fermoso partido ante o Narón "B" en Ares.

En resumo, fin de semana que nos deixa a modestos e tamén especialmente aos xuvenís con dereito a loitar por cousas bonitas ata o final de temporada. Cadetes e infantís prometen seguir aprendendo nas suas esixentes ligas e os nenos do fútbol - 8 disfrutarán agardando que veña o bo tempo.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.