Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 28 DE XANEIRO AO 1 DE FEBREIRO DE 2015.
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 28 DE XANEIRO AO 1 DE FEBREIRO DE 2015.

TOCA ABRIGARSE BEN E VIAXAR UN POUCO


Nova xornada para casi todos os equipos do Numancia, xa que os cadetes descansan. Desprazamentos compricados para modestos e xuvenís. Os infantís e a maioría dos equipos de fútbol - 8 xogan na casa. Analizamos o que nos agarda.


MODESTOS: Visitan na 19ª xornada da Segunda Autonómica ao ADC Capela. Sen dúbida un desprazamento moi compricado xa que os nosos xogadores deberán adaptarse as pequenas dimensións do campo de Os Calzados para xogar cun rival que loita pola permanencia. Co apoio da fiel Marea Vermella buscarán seguir na boa línea e tamén na zona alta da clasificación. Será o domingo as 16:15 en A Capela. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

Prebenxamíns "B" do Numancia no campo de A Veiga (Cabanas)

XUVENÍS: Visitan na 9ª xornada de Liga ao CD As Pontes. Cando quedan tres xornadas para rematar a primeira volta os nosos xuvenís ocupan a 2ª posición que da dereito a xogar a fase de ascenso. Moi preto, a 3 puntos está o CD As Pontes polo que o partido desta fin de semana é moi importante para os intereses de ambos equipos. Será o sábado as 16:15 nos campos de O Poboado de As Pontes. ¡¡¡Tod@s cos xuvenís¡¡¡


CADETES: Teñen xornada de descanso que disfrutarán situados na zona media da clasificación.


INFANTÍS: Reciben na 12ª xornada de Liga ao Rápido de Neda. Partido entre equipos situados na zona media da clasificación. Os nosos infantís buscarán a vitoria para seguir na boa línea das últimas semanas e de paso subir postos na clasificación. Será o sábado as 16:15 en Prados Vellos e será tamén o único partido de fútbol - 11 este fin de semana en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡


FÚTBOL - 8: Abren a xornada os alevíns que o venres as 18:00 reciben ao Cedeira SD en Prados Vellos. O sábado continua o fútbol en Prados Vellos. As 10:30 os benxamíns xogan ante o Narón Balompé "B". As 11:30 o prebenxamín "B" recibe ao Galicia de Caranza "B". Todos estos partidos corresponden ao grupo 2º das respectivas categorías. Pola sua parte no grupo 1º da categoría o prebenxamín "A" visita ao AD Miño o sábado as 12:35. Os biberóns xogaron o mércores un fermoso partido de fútbol - 6 no pavillón de O Ramo ante o Perlío do que teredes crónica e fotografías nos próximos días.


En resumo unha nova xornada da que estamos seguros que os modestos e os xuvenís darán a cara nos seus difíciles desprazamentos. Viaxes nas que tamén estamos seguros que estará ben representada a Marea Vermella. Porque somos moit@s.....


Vémonos este fin de semana en A Capela, As Pontes, Prados Vellos ou en Miño.


¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.