PREVIA. FIN DE SEMANA DO 10 AO 11 XANEIRO DE 2015.

TOCA INAUGURAR 2015 CON MOITA FORZA E ILUSIÓN

¡¡¡¡Volvemos¡¡¡ O fútbol rexional e o de base piden paso e protagonismo neste 2015 recén estreado. Non serán todas pero si moitas as categorías do Numancia que teñan partido esta fin de semana. Analizamos:

 



MODESTOS: Comezan unha segunda volta que encaran dende a 8ª posición. Esta fin de semana visita Prados Vellos o 2º clasificado, o Galicia de Caranza. O noso equipo intentará vencer aos ferrolás para comezar o ano mirando hacia arriba. Primeira cita da Marea Vermella co primeiro equipo este domingo as 16:15 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡¡Xuvenis.Imaxe partido de copa Numancia - Miño.

XUVENÍS: Chega a 6ª xornada de Liga para os nosos xuvenís. Situados na 3ª posición a un punto dos postos que dan acceso a fase de ascenso os xuvenís buscarán seguir na zona alta para aspirar a todo neste 2015. O sábado visita Prados Vellos o 4º clasificado, o AD Miño que conta cos mismos puntos que os numantinos. Partido vital que temos que sacar adiante entre todos. Cita obrigada cos xuvenís este sábado as 16:15 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

CADETES: Tamén chega a 6ª xornada de Liga para un equipo cadete que de seguro aproveitou moi ben as vacacións de Nadal para coller forzar e comezar ben o 2015. Terán ocasión de facelo este sábado as 12:00 no campo de O Cadaval en Piñeiros ante o Narón Balompé.

INFANTÍS: O equipo infantil afronta a 9ª xornada de competición onde terá un difícil desprazamento a Pontedeume para xogar ante o 2º clasificado. Os rapaces de seguro que pelearán ata o final para compricarlle as cousas aos locales e tamén para seguir crecendo futbolísticamente neste 2015. Será o sábado as 10:30 no campo de A Gándara de Pontedeume.

FÚTBOL - 8: En fútbol – 8 os alevíns e benxamíns terán unha semana mais de vacacións. En cambio os prebenxamíns volven esta semana aos campos de fútbol para seguir disfrutando e aprendendo partido a partido e semana tras semana. O prebenxamín "A" recibe o sábado as 11:00 ao Racing San Pedro en Prados Vellos no grupo 1 da competición. No grupo 2, o prebenxamín “B” terá a viaxe mais larga da temporada xa que xogará as 12:30 no Municipal de Cariño ante o equipo local.

En definitiva, volve o fútbol a Prados Vellos e a todos os campos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Dende o Numancia pedimos que nos respeten as lesións. Pedimos tamén que os nosos deportistas sigan disfrutando e aprendendo e como non a nosa fiel Marea Vermella animando. Se conseguimos todo iso en 2015 creo que poderemos estar orgullosos.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Narón, Pontedeume ou en Cariño.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.