Inicio Noticias Xerais "A CUCHILLA" CARTELLE NOVA FICHAXE DOS MODESTOS
 
 

"A CUCHILLA" CARTELLE NOVA FICHAXE DOS MODESTOS

A Directiva do Numancia non descansa no Nadal e peina o mercado aresán e comarcal coa intención de reforzar ao primero equipo da entidade. O traballo desta última semana comeza a dar froitos xa que no día de hoxe podemos anunciar a primeira fichaxe, …..

  


o veterán Manuel "A Cuchilla" Cartelle quen deixará de acompañar no banquillo a Marcos Amor para ser un mais do plantel de xogadores do Numancia de Ares 2014-2015.

Na noite do venres procediase a rúbrica da firma da licencia e a foto para a páxina web por parte de Manuel Cartelle e do presidente do Numancia, Antonio Rodríguez. En declaracións a esta páxina web "A Cuchilla" Cartelle comentaba o seguinte sobre a sua incorporación ao primeiro equipo: "Volvo a vestirme de curto a petición da directiva e de Marcos. Agardo poder botar unha mán na línea defensiva, aportando pundonor e moita coraxe". Sen dúbida unha boa incorporación para o xoven primeiro equipo do Numancia. Un veterán de guerra que aportará firmeza, contundencia e agresividade o que axudará ao noso Numancia á hora de afrontar partidos e situacións compricadas no que resta de temporada na Segunda Autonómica e na Copa Delegación de Ferrol.

Seguiremos informando dos movementos que teñan lugar nos vindeiros días no primeiro equipo da entidade.

¡¡¡Moita sorte Cartelle¡¡¡

 

 

O Presidente do Numancia e Cartelle o día do seu fichaxe polo Numancia

 

Numancia de Ares ADR. SANTOS INOCENTES 2014

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.