Inicio Noticias Xerais CADETES e BENXAMINS. XII TORNEO DE NADAL “C.F. RAYO SADENSE”
 
 

CADETES e BENXAMINS. XII TORNEO DE NADAL “C.F. RAYO SADENSE”

O próximo fin de semana o equipo de cadetes e benxamíns do Numancia de Ares participarán na XII edición do Torneo de Nadal organizado polo C.F. Rayo Sadense.



Ares, 23 de decembro de 2014.


O Torneo xogarase no Campo As Mariñas "Andrés Pena" (Sada), en horario de mañá e tarde.


CADETES:


O sábado 27 de decembro, ás 11:45 h, o equipo cadete do Numancia xogará o seu partido da fase de clasificación contra o Rayo Sadense "A". En caso de quedar clasificado xogaría a final, ás 17:00 h, contra o vencedor do partido Rayo Sadense "B" – Obrero.


BENXAMÍNS:


O equipo benxamín do Numancia disputará o Torneo o domingo 28 de decembro. Os de Ares están encadrados no grupo 2º xunto co, Rayo Sadense "B" e Luís Calvo.


Na fase de clasificación os de Ares disputarán os seguintes partidos:


11:30: Luís Calvo – Numancia


12:30: Rayo Sadense "B" – Numancia


Pulsa no seguinte enlace para ver as BASES e o CALENDARIO do torneo.

 

XII TORNEO DE NADAL “C.F. RAYO SADENSE”

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.