PREVIA. FIN DE SEMANA DO 19 AO 21 DE DECEMBRO DE 2014

O FÚTBOL DESPÍDESE DO 2014


Última xornada de competición para os distintos equipos do Numancia neste ano 2014. Antes do Nadal poderemos ver a case todos os equipos do club xogar este fin de semana, moitos deles en Prados Vellos. Analizamos.....


MODESTOS: Intentarán volver a boa senda das vitorias. Queren rematar a primeira volta entre os mellores da Segunda Autonómica e para iso necesitan vencer o domingo ao Ortigueira CF en Prados Vellos. Última Marea Vermella deste 2014 en Prados Vellos o domingo as 16:15. ¡¡¡Non podes faltar¡¡¡¡ A próxima será xa no seguinte ano.

Numancia de Ares. Adestradores equipo infantil

XUVENÍS: Rematan o ano cun partido moi compricado. Visitan o sempre temible Misael Prieto para xogar ante o Meirás CF. Os rapaces deberán sacar o bo fútbol, a casta e o coraxe numantino para traer algo positivo dun dos campos mais compricados da categoría e así seguir en posicións de fase de ascenso.. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡ Tod@s cos xuvenís.


CADETES: Intentarán recuperar as boas sensacións o sábado as 16:15 en Prados Vellos ante o Meirás CF onde buscarán rematar o 2014 da mellor maneira posible. Acude para axudalos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡


INFANTÍS: Reciben a visita do líder, o potente Racing de Ferrol "B". Un conxunto racinguista que era derrotado polos nosos rapaces na competición de Copa fai un par de meses. Os infantís do Numancia buscarán repetir resultado e dar unha ledicia a parroquia numantina no último partido do ano. Sábado as 10:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


FÚTBOL -8: Abren xornada os biberóns hoxe xoves no Pavillón Polideportivo de Ares onde comeza a Liga AFACO de fútbol - 6 a partir das 18:30 ante o CD As Pontes. O prebenxamín "B" recibe o venres ao líder, o Portuarios as 18:00 en Prados Vellos. O prebenxamín "A" descansa. Os benxamíns xogan o venres as 18:00 en A Gándara ante o Ánimas. Os alevíns xogan tamén o venres as 17:00 en Caranza ante o Galicia de Caranza "C".


En definitiva, pechamos o 2014 en canto ao futbolístico este fin de semana. Moito fútbol antes de comezar co marisco, turrón e demais tradicións navideñas. ¡¡¡¡Non faltedes a vosa última cita futbolística do 2014¡¡¡


¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Meirás, Caranza, A Gándara ou no Pavillón de Ares.


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.