ITV. FIN DE SEMANA DO 12 AO 14 DE DECEMBRO DE 2014

NON BUSQUES EXCUSAS, ATOPA SOLUCIÓNS

Penúltima xornada do 2014 para os diferentes equipos do Numancia. Desta vez os resultaron non foron nada positivos nos distintos partidos disputados que analizamos a continuación:

 



MODESTOS: Cortouse a racha de vitorias. Derrota en Mandiá nun partido que xa foi moi compricado dende o principio. Toca recuperarse para volver a boa línea do último mes.Numancia de Ares. Benxamíns

FÚTBOL BASE: Os xuvenís empataron en Prados Vellos ante outro dos equipos fortes da categoría, o Narón Balompé nun partido tan disputado como emocionante. Unha igualada que sirve para permanecer nos postos de fase de ascenso.

O equipo cadete encaixou unha forte goleada no campo de A Gándara ante o líder, o Racing de Ferrol "B". Partido para esquecer do que hai que recuperarse o antes posible.

Os infantís tiveron xornada de descanso na competición de Liga.

FÚTBOL - 8: Excelente xornada para o futbol - 8 numantino xa que nas derrotas e cando mais se aprende, aspecto vital nestas idades de formación. Os alevíns caían en Prados Vellos ante o CD Cariño. Os benxamíns erán derrotados tamén en Prados Vellos polo G. Caranza "D". O prebenxamín "A" perdía en O Val. O prebenxamín "B" descansou. Os biberóns están a espera de comezar a Liga AFACO de fútbol - 6. ¡¡¡A seguir aprendendo¡¡¡

En definitiva, despois dun mes moi bo en canto a resultados para os equipos do Numancia, tivemos unha xornada bastante negativa. Non hai que buscar excusas incontrolables. Sempre é mellor traballar durante a semana e atopar solucións para mellorar nos seguintes compromisos. ¡¡¡Toca mellorar¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.