Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 12 AO 13 DE DECEMBRO DE 2014
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 12 AO 13 DE DECEMBRO DE 2014

QUEREMOS SEGUIR CRECENDO

Penúltima xornada do 2014 para os diferentes equipos do Numancia. Preséntase unha xornada na que os nosos conxuntos intentarán seguir coa boa línea deste final de ano. Analizamos o que nos agarda nestos días:

 

 

MODESTOS:  O primeiro equipo numantino intentará meter a sexta marcha conseguindo a sexta vitoria consecutiva ante o Mandiá a domicilio. Os modestos buscarán seguir crecendo co apoio da Marea Vermella que ten unha cita obrigada este domingo as 16:00 no campo de Boavista na parroquia ferrolá de Mandiá. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Numancia de Ares. Adestradores equipo alevíns.

XUVENÍS: O equipo xuvenil defenderá o liderato no seu último partido do 2014 en Prados Vellos. Será nun gran partido ante o terceiro clasificado, o Narón Balompé. Duelo entre equipos da zona alta este sábado a partir das 16:15 en Prados Vellos tendo a Marea Vermella unha cita ineludible para aplaudir e felicitar aos xuvenís por este gran inicio de temporada. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

CADETES: Díficil partido para o equipo cadete que visita ao líder da competición, o potente Racing de Ferrol "B". Os numantinos buscaran sorprender aos ferroláns o sábado as 11:30 no campo de herba artificial de A Gándara.

INFANTÍS: O equipo infantil descansa nesta xornada á espera do último partido do 2014 ante o Racing de Ferrol "B" en Ares a vindeira fin de semana.

FÚTBOL- 8: O prebenxamín "A" abre a xornada do fútbol - 8 cun esixente e bonito partido ante a SD O Val o venres as 17:00 no campo de O Sinde. O prebenxamín "B" descansa nesta xornada. O sábado pola mañá temos unha bonita sesión de fútbol - 8 en Prados Vellos. As 10:30 os benxamíns reciben ao Galicia de Caranza "D". As 11:30 os alevíns xogan tamén en Prados Vellos ante o CD Cariño. ¡¡¡Non faltedes a cita cos nenos¡¡¡

En definitiva, temos unha xornada por diante onde os modestos e xuvenís intentarán seguir coa sua escalada e onde os demais equipos do Numancia disfrutarán do fútbol con moita saude.

Vémonos este fin de semana en Mandiá, Prados Vellos, A Gándara ou no Val.

¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.