ITV. FIN DE SEMANA DO 5 AO 7 DE DECEMBRO DE 2014
¡¡¡ÁNIMO RAÚL¡¡¡
Nova xornada para os nosos equipos con bos resultados para xuvenís e modestos e non tanto para os cadetes e xuvenís. Unha xornada marcada polo accidentado partido dos cadetes onde o noso xogador Raúl Anido tivo que ser evacuado en ambulancia.....
......Dende estas líneas agradecer o excepcional comportamiento dos compoñentes do Ortigueira CF e do colexiado. Tamén agradecer a toda a xente do noso club ou allea ao mesmo que axudou e se preocupou polo noso bravo xogador Raúl que moi pronto estará de novo dando guerra nos campos de fútbol.
MODESTOS: Quinta vitoria consecutiva. Desta vez en Prados Vellos ante un dos favoritos da categoría como é o Perlío. Suma e segue o noso primeiro equipo que continua crecendo.
FÚTBOL BASE: Os xuvenís deron un golpe enriba da mesa en Pontedeume. Vitoria contundente ante o Eume por 0 - 5 para recuperar o liderato. Estos rapaces están cumprindo coas expectativas e ilusións ata o momento. Toca seguir traballando dende a humildade e constancia.
O equipo cadete deixou escapar de Prados Vellos na segunda parte ante o Ortigueira tres puntos que tiña amarrados. Claro está que as circunstancias acontecidas no partido afectaron aos rapaces e que a mellor vitoria sempre é ter saude.
Os infantís puxéronlle as cousas difíciles a un dos equipos fortes da categoría, un Racing San Pedro que sufriu para derrotar aos nosos no campo de A Gándara.
FÚTBOL - 8: Os alevíns comezaron a Liga do grupo 2 vencendo en O Sinde a O Val "B". Os benxamíns caeron en Perlío na primeira xornada da Liga grupo 2. O prebenxamín "A" disputou un fermoso partido ante o Galicia de Caranza na Liga grupo 1 que terminou en tablas. O prebenxamín "B" segue forte no grupo 2 e venceu ao SD O Val "B" a domicilio.
En definitiva, un fin de semana que puxo a proba a todos os que formamos o Numancia. A maquinaria de Prados Vellos estivo rápida e atenta velando sempre pola saude e benestar dos nosos xogadores. ¡¡¡Moitas gracias a todos¡¡¡ A mellor vitoria e ter saude. ¡¡¡Desfrutade do fútbol¡¡¡
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡