Inicio Noticias Xerais PREVIA. FIN DE SEMANA DO 5 AO 7 DE DECEMBRO DE 2014.
 
 

PREVIA. FIN DE SEMANA DO 5 AO 7 DE DECEMBRO DE 2014.

CHEGAN OS EXAMES DE DECEMBRO

Nesta ponte festiva, temos moito fútbol con partidos moi interesantes en Prados Vellos. Partidos moi esixentes para os nosos equipos, os cales analizamos a continuación:

 



MODESTOS: O primeiro equipo do Numancia ten tres partidos neste final de 2014 para intentar confirmar a sua melloría. Agardemos que a forza das tortillas de Vios teña efecto nos nosos xogadores que reciben ao cuarto clasificado, o potente CCRD Perlío o domingo as 16:15 en Prados Vellos. Penúltimo partido do ano en Prados Vellos. Cita obrigada para a Marea Vermella. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Numancia de Ares, alevíns nun partido fronte O Val.

XUVENÍS: O equipo xuvenil defenderá a segunda posición nun desprazamento compricado. Xogan ante o Eume Deportivo, terceiro clasificado no grupo previo no que tamén estaban os numantinos. Partido compricado onde estamos seguros que os nosos xuvenís estarán a altura das circunstancias conquistando Pontedeume pola tarde e tamén pola noite. Será o sábado as 16:00 no campo de A Gándara de Pontedeume. ¡¡¡Tod@s cos xuvenís¡¡¡

CADETES: O equipo cadete defenderá tamén a segunda posición ante un dos rivais mais fortes da categoría, o Ortigueira CF. Bonito partido de cadetes o sábado as 16:15 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

INFANTÍS: O equipo infantil situado na zona media da clasificación visita ao cuarto clasificado, o Racing San Pedro. Desprazamento compricado onde os infantís loitarán por sacar algo positivo. Será o venres as 19:00 no campo de herba artificial de A Gándara. O sábado pola noite disfrutarán da Cea de Navidad en Prados Vellos.

FÚTBOL- 8: Comenzan as Ligas de alevíns e benxamíns, ambos encadrados no grupo 2. Os alevíns visitan a SD O Val "B" o venres as 19:30. Os benxamíns xogan en Perlío o venres as 18:00. Nos prebenxamíns dispútase a terceira xornada de Liga. O prebenxamín "A" xoga ante un dos favoritos ao título do grupo 1, o Galicia de Caranza o sábado as 11:00 en Prados Vellos. O prebenxamín "B" visita a SD O Val "B" o sábado as 10:45 no grupo 2 da Liga prebenxamín.

En definitiva, una xornada con partidos compricados pero tamén bonitos de ver e de xogar. Agardemos que decembro sexa igual de fructífero que novembro para o Numancia e que todos cheguemos as vacacións de Nadal coa satisfacción do traballo ben feito.

Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Pontedeume, A Gándara, O Val ou en Perlío

¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.