ITV. FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE NOVEMBRO DE 2014.

CONTINUA O BO MOMENTO


De novo foi unha boa xornada para os equipos do Numancia. As vitorias mandaron sobre as derrotas e as ligas de base comezaron con moi boas sensacións.


MODESTOS: Terceira vitoria consecutiva, esta vez en Prados Vellos ante a UDC Narahío que asenta a noso equipo na zona media da clasificación.

Numancia de Ares xuvenil

FÚTBOL BASE: Os xuvenís comezaron a Liga vencendo con autoridade en Prados Vellos CD San Sadurniño e sitúanse nunha anécdotica primeira posición despois da disputa da primera xornada. ¡¡¡Este é o camiño¡¡¡


O equipo cadete goleaba en Prados Vellos ao CD Cariño na primeira xornada de Liga situandose ao igual que os xuvenís como líder anecdótico da sua Liga. ¡¡¡Bo comezo rapaces¡¡¡


Os infantís sucumbían no pequeno e irregular campo do Amistade Meirás ante o bo equipo local. Continuan na zona media da clasificación da liga principal da categoría.


FÚTBOL - 8: Os benxamíns e os alevíns descansaron. Os equipos prebenxamíns comezaron as suas ligas. O Prebenxamín "A" no grupo difícil era superado por un potente EFR. Ferrol. O prebenxamín "B" no grupo intermedio vencía a domicilio a O Freixo de Narón. Os biberóns disfrutaban dunha nova xornada da Liga AFACO de fútbol - 8 en Perlío.


En definitiva, de novo foi unha boa xornada con un novo paso adiante do primeiro equipo e bo comezo nas ligas esixentes de base. Sempre hai cousas que se deben mellorar ou incluso erradicar dos campos de fútbol, pero estamos no bo camiño.


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.