PREVIA. FIN DE SEMANA DO 21 AO 23 DE NOVEMBRO DE 2014.

AS LIGAS PIDEN PASO


Nova xornada de competición para os diferentes equipos do Numancia. Este fin de semana comezan as competicións de Liga en varias categorías do fútbol base. Analizamos a xornada a continuación:


MODESTOS: Novamente o equipo de modestos ten a ocasión de conseguir tres vitorias consecutivas. Reciben a visita do penúltimo clasificado, o sempre correoso UD Narahío. Cita da Marea Vermella co primeiro equipo do Numancia o domingo as 16:15 en Prados Vellos. ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡Afeccionados Numancia de Ares


XUVENÍS: Comeza unha bonita e ilusionante aventura na Liga que da dereito a optar por xogar a fase de ascenso para os nosos xuvenís. Este grupo, unha unión de boas xeneracións numantinos quere aspirar a todo e para iso intentará comezar vencendo este sábado as 16:15 ao CD San Sadurniño en Prados Vellos. ¡¡¡Tod@s cos xuvenís¡¡¡


CADETES: Comezan tamén a liga principal da categoría. Un equipo de cadetes xa mais reforzado intentará facer un bo papel nesta esixente competición de Liga. Xogan o sábado as 11:00 en Prados Vellos ante o CD Cariño. Pasamos lista.


INFANTÍS: Visitan na cuarta xornada de Liga o pequeno campo de herba natural de Atios en Valdoviño. Alí agarda o Amistade Meirás un bo equipo ao que os nosos numantinos intentarán derrotar. Será o venres as 18:30 no campo de Atios de Valdoviño.


FÚTBOL- 8: Os alevíns e os benxamíns descansan agardando o comezo da Liga. Os prebenxamíns comezan as suas competicións ligueiras. Na liga principal grupo 1, competirá o Numancia "A" que este venres as 17:00 en Prados Vellos recibe a un dos favoritos da competición, o Racing de Ferrol. O prebenxamín "B" xogará no grupo 2 da Liga Prebenxamín iniciando a mesma este venres as 19:00 no campo de Rio Seco ante o Narón O Freixo "B".


Os biberóns disfrutarán dunha nova xornada do Torneo AFACO tamén o venres as 17:00 no campo de Os Pinares de Fene ante o CCRD Perlío.


En definitiva, unha xornada onde os diferentes equipos do Numancia intentarán ben seguir polo bo camiño ou ben comezar da mellor maneira posible as competicións de Liga. Moitos dos partidos desta fin de semana son en Prados Vellos polo que e un bo fin de semana para que a Marea Vermella disfrute do fútbol en Ares. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Valdoviño, Narón ou Fene.


¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.