Inicio Noticias Xerais SELECCION SUB-21: ESPAÑA, 1 - BELXICA, 4.
 
 

SELECCION SUB-21: ESPAÑA, 1 - BELXICA, 4.

FESTA E GOLES NUN DÍA HISTÓRICO


Partido internacional Sub 21 amigable disputado entre as seleccións de España e de Bélxica no campo municipal de A Malata en Ferrol ante 8200 espectadores.


Ferrol 12 de novembro de 2014.


FICHA TÉCNICA:


ESPAÑA: Kepa (Whalley, min. 46), Jony, Costas (Camarasa, min. 65), Pablo Iñiguez (Jaime, min. 85), Gayá; Samper; Munir (Carlos Castro, min. 65), Saúl Ñíguez, Denis Suárez (Unai López, min. 78), Moi Gómez (Medrán, min. 46); Sandro (Delofeu, min. 46).


BÉLXICA: Roef; Foket (Castagne, min. 84), Heylen, Dendoncker, Lukaku; Tielemans, Cisse (Raman, min. 33); Kayembe (Bongonda, min. 75), Malanda, Musonda (El Messaouidi, min. 84); Kabalese (Mbombo, min. 69).


COLEXIADO: D. Taborda Xistra, auxiliado nas bandas por Tomás Pereira e Costa Pereira (Portugal) Como 4º colexiado actuou D. Rubén Eiriz Mata (colexio galego). Amoestou a Álvaro Medrán por parte de España.


GOLES:


España: Munir (min. 48).


Bélxica: Kabasele (min. 14), Tielemans (min. 35), Kayembe (min. 57), Ramán (min. 74).


CRÓNICA:


Día histórico para a comarca de Ferrolterra. Por primeira vez a nosa comarca acollía un partido internacional de fútbol. As seleccións española e belga sub 21 tiñan a honra de participar neste día histórico onde o fútbol da nosa bisbarra non defraudou e A Malata rexistrou unha moi boa entrada.


No aspecto fubtolístico vimos a unha selección española moi renovada en pleno proceso de reconstrucción. A calidade técnica dos Munir, Denis Suárez, Delofeu, Gayá e compañía non estivo acompañada de rigor táctico nin dun bo traballo colectivo. O combinado belga, algo mais rodado, moi superior no aspecto físico con xogadores de ascendencia africana foi superior aos nosos xogadores. Destacou nos belgas o xogador número 11 Kabasele, unha auténtica bala que demostraba potencia en cada xogada. En lineas xerais todos os xogadores de raza negra amosaron bo nivel nos belgas acompañados de xogadores con bo trato de balón e dun certo rigor táctico. Os golazos de Tielemans e de Ramán foron o mais destacados da noite sendo recoñecidos por un deportivo público local.


No aspecto social, gran resposta do fútbol de Ferrolterra ante esta cita histórica. As bancadas de A Malata enchéronse de directivos, adestradores, xogadores e pais do fútbol de Ferrolterra. Nenos, moitos nenos que axitaron as bandeiras e animaron a selección española facendo do partido unha auténtica festa e un exercicio de convicencia de todo o fútbol da nosa bisbarra. Sen dúbida un día inesquecible.


Como non podía ser doutra maneira o Numancia de Ares estivo representado por mais de 130 persoas entre directivos, adestradores, xogadores e pais, ubicados na sua maioría en Preferencia, tendo representación tamén nas demáis bancadas. Dende os biberóns ata os modestos, ninguén quixo perder esta cita histórica para o fútbol da nosa comarca.


Dende a SDR Numancia de Ares felicitamos ao Racing de Ferrol, a Federación Galega de Fútbol e Delegación de Fútbol de Ferrol pola extraordinaria organización do evento, así como as duas seleccións participantes polo bonito espectáculo brindado. Agardamos pois que o fútbol de Ferrolterra poida ter mais eventos deportivos de alto nivel; xa que como quedou demostrado nun dia laborable e de choiva e vento, o fútbol de Ferrolterra está moi vivo e desexa, necesita e merece eventos e festas como a deste 12 de novembro de 2014 en A Malata.


Unha cita como ésta ben merecía quedar inmortalizada en imaxes dende a perspectiva do Numancia. Disfrutade polo tanto dunha galería fotográfica do partido.


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.