PREVIA. FIN DE SEMANA DO 14 AO 16 DE NOVEMBRO DE 2014

XORNADA DE CONFIRMACIÓNS


Nova xornada de competición para os diferentes equipos do Numancia. Este fin de semana rematan as fases previas en moitas das competicións do fútbol base. Analizamos o que nos agarda para esta xornada:


MODESTOS: Despois da gran vitoria no derbi de A Pedreira buscarán unha segunda vitoria consecutiva ante o colista da categoría, a UD Cebarca. Partido trampa ante un rival rocoso e que de seguro buscará sacar algo positivo en Ares. Será o domingo as 16:15 cando a Marea Vermella ten que acudir a Prados Vellos para animar ao Numancia.Numancia de Ares. Equipo Prebenxamín "A" Temporada 2014-2015.


XUVENÍS: Partido intrascendente na última xornada da Fase Previa. Os xuvenís xa están clasificados para a liga principal. Nesta xornada aspiran a asegurar a cuarta posición na previa e chegar con moral a competición de Liga. Xogan o sábado as 16:00 no campo de Aneiros - Serantes ante a SRD Portuarios "B".


CADETES: Dependen de si mesmos para clasificarse para a liga principal da categoría. En caso de non conseguir os tres puntos dependerían do partido Cultural Maniños - Ortigueira. Xogan o sábado as 16:15 en Prados Vellos ante o Portuarios "B". ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


INFANTÍS: Afrotan a terceira xornada da liga principal da categoría co obxetivo de seguir disfrutando e medrando. Agardemos que esta semana os infantís teñan a forza e sorte necesaria para que chegue a primeira vitoria de Liga. Xogan co Cultural Maniños o sábado as 10:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡


FÚTBOL- 8: O venres as 17:00 o prebenxamín "A" visita ao Eume Deportivo. As 17:30 o prebenxamín “B” recibe en Prados Vellos ao Ánimas "B". Ambos equipos prebenxamíns pechan a fase previa da Liga cos seus obxetivos cumpridos. Os alevíns xogan tamén o venres as 18:45 na última xornada en O Sinde ante O Val "B" coa posibilidade de clasificarse para a liga principal.


Para o sábado queda o partido dos benxamíns, sendo tamén a última xornada e contando tamén con opcións de clasificarse para a liga principal. Xogan o sábado as 11:00 no municipal de O Beco ante o Cedeira SD.


En resumo, bonita fin de semana na que agardamos ter a confirmación da resurreción dos modestos, a boa línea dos xuvenís e tamén boas novas do fútbol base e do mais cativo. Recordade que o mais importante e disfrutar e representar o nome do Numancia con dignidade por todos os campos de fútbol. Fair Play.


¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Serantes, O Val, Cedeira ou en Pontedeume.


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.