Inicio Noticias Xerais A SELECCIÓN ESPAÑOLA XA ESTA EN FERROL
 
 

A SELECCIÓN ESPAÑOLA XA ESTA EN FERROL

Na tarde do luns aterrizaba no Aeroporto de Alvedro de A Coruña a Selección Española sub 21. O combinado do seleccionador Albert Celades aterrizaba en Galicia con xogadores de gran nivel como Munir, Sandro e Samper (FC Barcelona), Alvaro Medrán (Real Madrid), Saúl Ñiguez (Atlético de Madrid) Denis Suárez e Deulofeu (Sevilla CF), David Costas e Jonny (Celta de Vigo), Unai López (Athletic de Bilbao) ou Moi Gómez (Villarreal CF) todos eles xogadores contrastados e con sobrada experiencia na Primeira División española ou na Premier League inglesa.

 


Despois de chegar a Ferrol e aloxarse nun dos hoteis da cidade, varios xogadores da selección, entre eles Denis Suárez e Unai López asinaban autógrafos e posaban para asNumancia de Ares. Selección Española Sub-21 (10/11/2014) fotografías no Centro Comercial Parque Ferrol. Posteriormente as 19:00 daba comezo un adestramento no campo de herba natural de A Gándara ante cerca de 1000 persoas. Nenos e maiores poideron gozar dunha sesión de adestramento no que destacou a importancia do quencemento e dos estiramientos. O equipo nacional ensaiou accións ofensivas e deixou xogadas espectaculares que foron inmortalizadas polos flashes da multitude dende a bancada.

Como sabemos, maña mércores as 20:30 no campo de A Matala as seleccións sub 21 de España e de Bélxica xogarán un partido internacional amigable. O Numancia estará representando nas bancadas de Tribuna e de Preferencia. Pedimos as mais de 100 persoas que representarán ao Numancia nese envite que vaian vestidos co chandal ou coa cazadora do Numancia de Ares para facer unha pequena Marea Vermella en A Malata. Tamén recomendamos que vaidades con tempo para así a eso das 19:30 - 19:45 agruparse os numantinos que accedan a Tribuna na Porta 0 do Estadio e os que vaian a Preferencia nas escaleiras que dan acceso a esa grada (enfrente ao campo anexo). Desa maneira evitaremos problemas para aparcar os coches e para coller un bo sitio todos xuntos nas bancadas (recordade que as entradas non están numeradas).

¡¡¡Vémonos tod@s, directivos, adestradores, xogadores, pais e nais o mércores as 19:30 no campo de A Malata¡¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Numancia de Ares. Selección Española Sub-21 nun adestramneto (10/11/2014)Numancia de Ares. Selección Española Sub-21 nun adestramneto (10/11/2014)


 

 

 

 

Numancia de Ares. Cartel Partido Seleccións Sub-21 España - Belxica.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.