ESPAÑA – BELXICA, SUB-21
ULTIMAS HORAS PARA FACERSE CUNHA ENTRADA
O próximo mércores 12 de novembro, a partir das 20:30 h, a selección española Sub-21 enfrontarase a selección belga no estadio da Malata (Ferrol).
Ares, 7 de novembro de 2014.
Ata a tarde do sábado 8 de novembro podes mercar as entradas para dito partido na oficina do Numancia. Pásate por Prados Vellos, hoxe venres, ou maña sábado, en horario de tarde, e merca a tua entrada. Os prezos, e as entradas que temos dispoñibles ata fin de existencias son as seguintes:
Preferencia: 12 €.
Fondo Norte e Fondo Sur: 10 €.
Non quedes na casa e leva ao teu fill@ ao fútbol, para facilitarcho, por cada entrada que merques de FONDO SUR ou FONDO NORTE regalámosche unha entrada infantil para o nen@, ata esgotar as existencias dispoñibles.
Ademáis, todos aqueles que compren a súa entrada no Numancia, tamén estarán axudando ao club xa que, de cada 5 entradas vendidas, o importe dunha quedará nas arcas do club.
APROVEITA QUE XA CHE QUEDAN POUCAS HORAS.