ITV: FIN DE SEMANA DO 31 DE OUTUBRO AO 2 DE NOVEMBRO DE 2014

OS XUVENÍS, OS GRANDES PROTAGONISTAS

Non sentou demasiado ben o cambio de mes aos diferentes equipos de fútbol - 11 para o Numancia. Aindá así algunha ledicia si que tivemos.... Analizamos a xornada a continuación:

 


MODESTOS: Terceira derrota consecutiva, pero desta vez coa sensación de que o líder o As Pontes "B" levouse un botín excesivo de Prados Vellos. Seguir traballando igual e correxir erros parecen as claves para que volvan as vitorias.Numancia de Ares. Equipo Cadete Temporada 2014-2015.

FÚTBOL BASE: Os xuvenís conseguiron clasificarse para a Liga que dará opción a loitar por xogar a fase de ascenso. A derrota do G. Mugardos en As Pontes deu a clasificación matemática aos nosos xuvenís. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡ Asímesmo gran traballo semana a semana dos xogadores xuvenís que axudan ao primeiro equipo do Numancia co seu traballo. ¡¡¡Hai canteira¡¡¡

O equipo cadete caeu derrotado en Prados Vellos ante o Narón Balompé nun partido que se escapou xa nos primeiros minutos. Continúan na zona media da clasificación a falta de tres xornadas por disputarse na Copa.

Os infantís comezaban a Liga forte da categoría e caían en Prados Vellos ante un rival que parece que ten tomada a medida aos nosos rapaces, o SDR Ánimas de Ferrol. Toca seguir traballando para recuperar o bo nivel pasado.

FÚTBOL - 8: Os equipos de fútbol - 8 do Numancia seguen a bo nivel. Vitoria clara dos alevíns ante o Cañoles na sua excursion ata O Barqueiro en Mañon. Empacho de goles dos benxamíns en Prados Vellos ante o Amistade Meirás. Gran imaxe do prebenxamín "B" pese a derrota ante o G.Caranza en Prados Vellos. Goleada do prebenxamín "A" en Caranza ante o G. Caranza "C". Os biberóns non xogaron pero disfrutaron moito dos cumpleanos e do Magosto.

En resumo, unha xornada negativa en líneas xerais pero que nos deixa a gran noticia da clasificación dos xuvenís para xogar cos mellores na Liga, uníndose desta maneira aos prebenxamíns e aos infantís. ¡¡¡Hai canteira¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.