ESPAÑA - BÉLXICA, SUB-21

COMPRA A TÚA ENTRADA NO NUMANCIA
Por 10 € podes entrar ao estadio da Malata e ver a xogadores dunha extraordinaria proxección, nestes momentos incluso máis que promesas. Na convocatoria do seleccionador Alber Celades poden entrar xogadores nados a partir do 1 de xaneiro de 1994, como Sandro, Saúl, Óliver Torres,  Deulofeau, Munir, Denis Súarez,… futbolistas profesionais e destacados nos seus equipos. Estarán en Ferrol o mércores 12 de novembro, onde se enfrontarán á selección sub-21 belga a partir das 20.30 h.
 
Ares, 28 de outubro de 2014
 
A organización deste evento corre a cargo da Federación Galega de Fútbol quen, a través do delegado de Ferrol, Manolo Mesa, puxo a disposición dos clubs modestos da nosa delegación as entradas correspondentes. Todos aqueles que compren a súa entrada no Numancia, tamén estarán axudando ao club xa que, de cada 5 entradas, o importe dunha quedará nas arcas do club. A oficina do Numancia está aberta todos os días da semana, de luns a vernres, desde as 16.30 ata as 21.30 h. O sábado e o domingo, coincidindo cos horarios dos partidos tamén poderán atender as peticións de entradas.
 
Este é o prezo das entradas:
Tribuna: 15 €
Preferencia : 12 €
Fondo Norte e Fondo Sur: 10 €
 
Así mesmo hai que salientar que a Delegación ferrolá regalou entradas para que os nenos das categorías de prebenxamíns, benxamíns e alevíns poidan asistir gratuitamente ao partido. Ao Numancia correspondéronlle 60 invitacións.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.