ITV. FIN DE SEMANA DO 24 AO 26 DE OUTUBRO DE 2014.

LIXEIRA MELLORÍA


A última fin de semana de outubro trouxo resultados de todo tipo para os distintos equipos do Numancia nos partidos que analizamos a continuación:


MODESTOS: Segunda derrota consecutiva. A pesar de realizar unha gran primeira metade o xoven equipo numantino sucumbiu na segunda parte ante os xogadores contrastados do Cariño. Toca seguir todos xuntos mirando cara diante e afrontar con moita forza o seguinte partido ante o líder, o CD As Pontes "B" en Prados Vellos.Numancia de Ares. Equipo Alevín Temporada 2014-2015.


FÚTBOL BASE: Os xuvenís foron a cara positiva da fin de semana. Venceron con autoridade en Neda dando un paso de xigante nas suas aspiracións para esa temporada. Na seguinte xornada descansan.


O equipo cadete tivo unha xornada de descanso, algo que lles veu moi ben para recuperar a todo o plantel para os próximos compromisos copeiros.


Os infantís sufriron a segunda derrota da temporada ante o Ánimas en Prados Vellos. Terminaron a Copa coa clasificación para a Liga forte de infantís que comezan este venres en Ares, e de novo ante o Ánimas.


FÚTBOL - 8: Os equipos de fútbol - 8 do Numancia seguen dando ledicias aos aficionados numantinos. Os alevíns vencían ao Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos. Os benxamíns derrotaban con autoridade ao CD San Sadurniño a domicilio. O Prebenxamín "A" goleaba ao Racing de Ferrol "D". O prebenxamín "B" sufría unha derrota en O Val. Os biberóns abarrotaban Prados Vellos de xente e sorrisos axudados polos amigos do AD Miño.


En resumo, foi unha xornada que nos deixa aos modestos feridos, aos xuvenís contentos e o resto de categorías con forza e ilusió para seguir aprendento e traballando.


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.