ITV. FIN DE SEMANA DO 24 AO 26 DE OUTUBRO DE 2014.
LIXEIRA MELLORÍA
A última fin de semana de outubro trouxo resultados de todo tipo para os distintos equipos do Numancia nos partidos que analizamos a continuación:
MODESTOS: Segunda derrota consecutiva. A pesar de realizar unha gran primeira metade o xoven equipo numantino sucumbiu na segunda parte ante os xogadores contrastados do Cariño. Toca seguir todos xuntos mirando cara diante e afrontar con moita forza o seguinte partido ante o líder, o CD As Pontes "B" en Prados Vellos.
FÚTBOL BASE: Os xuvenís foron a cara positiva da fin de semana. Venceron con autoridade en Neda dando un paso de xigante nas suas aspiracións para esa temporada. Na seguinte xornada descansan.
O equipo cadete tivo unha xornada de descanso, algo que lles veu moi ben para recuperar a todo o plantel para os próximos compromisos copeiros.
Os infantís sufriron a segunda derrota da temporada ante o Ánimas en Prados Vellos. Terminaron a Copa coa clasificación para a Liga forte de infantís que comezan este venres en Ares, e de novo ante o Ánimas.
FÚTBOL - 8: Os equipos de fútbol - 8 do Numancia seguen dando ledicias aos aficionados numantinos. Os alevíns vencían ao Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos. Os benxamíns derrotaban con autoridade ao CD San Sadurniño a domicilio. O Prebenxamín "A" goleaba ao Racing de Ferrol "D". O prebenxamín "B" sufría unha derrota en O Val. Os biberóns abarrotaban Prados Vellos de xente e sorrisos axudados polos amigos do AD Miño.
En resumo, foi unha xornada que nos deixa aos modestos feridos, aos xuvenís contentos e o resto de categorías con forza e ilusió para seguir aprendento e traballando.
O Numancia somos tod@s.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡