Inicio Noticias Xerais ITV. FIN DE SEMANA DO 10 AO 12 DE OUTUBRO DE 2014
 
 

ITV. FIN DE SEMANA DO 10 AO 12 DE OUTUBRO DE 2014

UNHA XORNADA MOI PRODUTIVA

Boa fin de semana en líneas xerais para os diferentes equipos do Numancia, sobretodo para os equipos de maior idade que acadaron vitorias. Analizamos os partidos da pasada fin de semana:

 


MODESTOS: Segunda vitoria da temporada no difícil campo de O Lameiro en Vilaboa ante o Rosalía. Sen dúbida un paso adiante do noso xoven equipo que se manten na zona media da clasificación antes de recibir ao San Mateo en Prados Vellos.

FÚTBOL BASE: Os xuvenís volveron a senda da vitoria. Con moito sufrimento derrotaron a o Cultural Maniños no campo de O Pote. Sufrindo ou non os xuvenís situanse en 4ª posición e volven a depender de si mesmos para clasificarse para a Liga dos mellores da categoría.Numancia de Ares. Equipo de biberóns nun adestramento

O equipo cadete foi a cruz da xornada do fútbol base xa que empatou na casa ante o colista do grupo, o Racing San Pedro. Quedan situados no medio da clasificación con catro xornadas por xogarse.

Os infantís conseguiron a clasificación matemática para a Liga dos mellores equipos da categoría coa sua vitoria holgada ante o Eume Deportivo "B" en Prados Vellos. Manteñen tamén intactas as suas opcións para clasificarse para as semifinais de Copa.

FÚTBOL - 8: Os alevíns caeron derrotados diante do líder O Val "C" en Prados Vellos. Os benxamíns caeron tamén ante o líder, O Freixo "B" en Rio Seco. Os dous equipos de prebenxamíns venceron de forma holgada a domicilio. O prebenxamín "A" ante o Ánimas B" e o prebenxamín "B" ante o Portuarios "B" nun partido amigable. Os biberóns debutaron no Torneo AFACO en Prados Vellos sumando así unha nova xeneración de xogadores ao Numancia.

En resumo, foi unha boa xornada xa que o primeiro equipo conseguiu vencer a domicilio e o xuvenil volveu pola boa senda. No fútbol mais cativo seguimos disfrutando e mellorando semana tras semana.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.