PREVIA: FIN DE SEMANA DO 10 AO 12 DE OUTUBRO DE 2014.

XORNADA DE CONFIRMACIÓN

Segunda xornada do mes de outubro para os distintos equipos numantinos. Nesta fin de semana os nosos equipos terán que reafirmarse nas suas aspiracións. Estos son os partidos que nos agardan os próximos días:




MODESTOS: Logo da primeira vitoria da temporada ante o Capela, o noso primeiro equipo intentará coller unha boa dinámica buscando os tres puntos no partido desta xornada. Non será fácil porque este domingo as 17:00 agardanos o sempre difícil Rosalía de Vilaboa no seu compricado campo de O Lameiro no Concello de Valdoviño. ¡¡¡Marea Vermella en Vilaboa este fin de semana¡¡¡ Non faltedes. Recordade, domingo as 17:00.

XUVENÍS: Os rapaces do equipo xuvenil buscarán resarcirse da última derrota ante o Meirás. Teñen pouco marxe de error nas próximas xornadas se queren estar cos mellores na competición de Liga. A primeira final será este sábado as 17:00 no campo de O Pote de Maniños ante o equipo anfitrión. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡ Pasamos lista.Maniños - Numancia da pasada temporada (O Pote 07/12/2013)

CADETES: Os cadetes non se deberán fiar do último clasificado que visita Prados Vellos este sábado. Numancia e Racing San Pedro de cadetes o sábado abren a xornada vespertina en Prados Vellos as 16:30. ¡¡¡Acudide¡¡¡

INFANTÍS: Os infantís reciben tamén ao último clasificado, o Eume Deportivo "B". Buscarán unha vitoria para seguir no liderato da competición de Copa e para ter opcións de seguir soñando. Será o venres as 18:00 en Prados Vellos. Non faltedes.

FÚTBOL- 8: Os alevíns abren a tarde de fútbol en Prados Vellos. As 17:00 duelo no alto da clasificación entre Numancia e SD O Val "C". Os benxamíns xogan ante o líder, Narón O Freixo "B" o sábado as 11:20 nun escenario de luxo, o campo de Rio Seco de Narón. O prebenxamín "A" xoga no campo de A Gándara o venres as 18:00 ante o SDR Ánimas "B". O prebenxamín "B" visita o campo de Aneiros en Serantes para xogar un amigable ante o Portuarios o venres as 18:00.

BIBERÓNS: Mención especial para a festa do fútbol biberón que volve este fin de semana. O sábado as 18:30 en Prados Vellos unha vez que finalice o partido dos cadetes saltarán ao campo un montón de nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do Numancia e do CD As Pontes. Para moitos deles será o seu primeiro partido de fútbol. Os nenos e os aficionados farán de novo a festa do fútbol biberón con motivo do inicio do Torneo AFACO. Unha terapia moi recomendable. ¡¡¡Non faltes este sábado as 18:30 en Prados Vellos¡¡¡

En resumo, fin de semana para dar un golpe enriba da mesa. Para iso temos que acudir tod@s aos nosos equipos porque xa sabemos que a unión fai a forza.

¡¡¡Vémonos este fin de semana en Vilaboa, Maniños, Prados Vellos, Rio Seco, A Gándara ou en Aneiros.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.