CONVENIO ENTRE A FEDERACION GALEGA DE FUTBOL E PIZZA MOVIL
CARNETS PIZZA MOVIL.
A Federación Galega de Fútbol ampliou á presente temporada, o convenio firmado con Pizza Móvil nos ultimos anos, polo que se repartirán carnets especiais entre os futbolistas con licenza federativa. Un carnet polo cal o portador poderá acceder a un desconto do 50 % en pizzas, bebidas e complementos en calquera establecemento Pizza Móvil de Galicia adherido a esta oferta. A duración do desconto terá vixencia ata o 30 de setembro do 2015.
Nos próximos días no Numancia de Ares procederase á entrega de ditos carnets aos seus xogadores.