Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 19 AO 24 DE SETEMBRO DE 2014.
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 19 AO 24 DE SETEMBRO DE 2014.

BOS EQUIPOS VISITAN PRADOS VELLOS

Cando a maioría dos equipos do Numancia están aínda coa resaca dos partidos entre semana, chega unha nova e intensa fin de semana de fútbol con motivo dunha nova xornada. Analizamos o que nos agarda:

 


MODESTOS: Despois do valioso e merecido empate a domicilio ante o Galicia de Caranza reciben este domingo a un dos equipos chamados a loitar polo título e recién descendido da Primeira Autonómica. Un AD Miño que conta nas suas filas con algún xogador con experiencia en Terceira División e con moito potencial ofensivo. Estamos seguros que co sacrificio e coa entrega do pasado domingo en Caranza e co alento da Marea Vermella que acuidirá en masa a ver a presentación do primeiro equipo en Prados Vellos nesta 2ª Autonómica os puntos poden quedar na casa. ¡¡¡Marea vermella este domingo as 17:00 en Prados Vellos¡¡¡ Pasaremos lista.
Numancia de Ares. Adestradores (17/09/2014)
XUVENÍS: Logo dunha clara vitoria ante o Cedeira e o empate en Perlío, reciben tamén a un dos galiños da categoría, o CD As Pontes que fai poucos anos xogaba na Liga Nacional. Sen dúbida un partido bonito que volve na categoría xuvenil despois de moitos anos. O CD As Pontes visitará Prados Vellos o sábado as 18:00 e os nosos rapaces farán todo o posible por conseguir a vitoria. ¡¡¡Acude para animalos¡¡¡

CADETES: Nesta semana pasada venceron ao Animas e perderon co Racing "B". Visitan o sábado as 16:00 o campo de San Claudio para medirse ao Ortigueira CF.

INFANTÍS: Comezou ben a tempada para os infantís cunha vitoria e un empate. O domingo as 11:00 visitan o Municipal de Cariño para xogar ante o equipo local. O mércores as 18:30 reciben en Prados Vellos ao Racing de Ferrol "B". Duas xornadas novamente consecutivas para calibrar aos nosos infantís e para coller posicións de cara ao final da fase previa.

FÚTBOL - 8: Dous partidos temos o venres en Prados Vellos. As 18:00 dous bos equipos prebenxamíns mídense en Prados Vellos, Numancia e SD O Val nun partido que promete emoción. As 19:00 os maiores do fútbol - 8 os nosos alevíns intentarán seguir na boa senda das vitorias ante o CD Cariño. Tamén o venres pero no municipal de Caranza xogará o Prebenxamín "B" as 19:00 ante o Galicia de Caranza "C".

Para o sábado as 11:30 queda o debut na Liga dos benxamíns na Liga ante o Eume Deportivo en Prados Vellos.

Sen dúbida unha xornada por diante con bonitos partidos en Prados Vellos. Unha nova xornada que servirá a todos os equipos para seguir acumulando rodaxe e afinar as pezas nesta nova temporada que esta comezando.

Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Ortigueira, Cariño ou en Caranza.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.