Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 12 AO 17 DE SETEMBRO DE 2014
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 12 AO 17 DE SETEMBRO DE 2014

VOLVE A COMPETICIÓN CON EMPACHO DE FÚTBOL

Despois dos partidos e Torneos de pretemporada, volve a competición oficial para todas as categorías do Numancia, agás os benxamíns. Por si fora pouco a maioría delas terán dúas xornadas en cinco días. Analizamos o que nos agarda:



MODESTOS: O rexuvenecido equipo de modestos do Numancia comeza a temporada ante outro dos equipos xoves do Galicia de Caranza. Dous equipos novos en idade pero clásicos e veteráns na categoría que buscarán comezar a Liga cunha vitoria. Será o domingo as 17:00 no campo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza.Numancia de Ares. Campo de fútbol de Prados Vellos (Ares)

XUVENÍS: Dan comezo a competición de Copa con dobre xornada. Temporada ilusionante a que se presenta en xuvenís cun amplio e bo grupo de rapaces da vila que buscarán ofrecer unha boa temporada a aficción numantina. O debut dos xuvenís na Copa será este sábado as 17:00 ante o Cedeira SD en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O mércores as 18:00 xogarán a 2ª xornada da Copa no campo de Os Pinares de Fene ante o Perlío.

CADETES: Moito traballo para os sacrificados cadetes nestos días. Debutan na Copa o venres as 17:00 no campo artificial de A Gándara – 1 ante a SDR Ánimas de Ferrol.

O luns as 20:00 xogarán a 2ª xornada de Copa ante o Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos.

INFANTÍS: Semana intensa tamén para os infantís. Abren a Copa viaxando o sábado ata Ortigueira para medirse as 11:00 ante o Ortigueira CF en San Claudio.

O mércores as 19:00 reciben na 2ª xornada de Copa en Prados Vellos ao Cultural Maniños.

FÚTBOL - 8: Moito fútbol tamén para os dous equipos prebenxamíns e o equipo de alevíns. O venres primeira sesión de fútbol - 8 da temporada en Prados Vellos. As 18:00 derbi aresano entre Numancia e Numancia "B". As 19:00 debut dos alevíns ante o Amistade de Meirás "B".

O martes ábrese a 2ª xornada co prebenxamín "B" recibindo as 18:00 en Prados Vellos ao Racing de Ferrol "D". Os alevíns xogarán en Piñeiros as 17:30 ante o Narón Balompé "B". Por último e xa o mércores o prebenxamín "A" xogará no campo de Os Pinares de Perlío as 17:00 ante o conxunto anfitrión.

En resumo, volve o fútbol de competición para o Numancia. Agardemos que esta temporada nos respeten as lesións e que o compromiso e o sacrificio de todos os xogadores e pais do Numancia en todas as categorías sexa moi alto. Os mais maiores que den a cara e os mais pequenos e os seus acompañantes que disfruten do fútbol base. ¡¡¡Moita sorte a todos¡¡¡

Vémonos este fin de semana nos distintos campos da comarca onde xogan as categorías do Numancia.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.