Inicio Noticias Xerais 3ª XORNADA DO MEMORIAL: ALEVINS.
 
 

3ª XORNADA DO MEMORIAL: ALEVINS.

Sorteo dunha camiseta do Deportivo e outra do Pontevedra.

Hoxe, domingo, 7 de setembro, o vicepresidente da Peña deportivista de Ares, Manolo García e o capitán do primeiro equipo de afeccionados do Numancia, Vicente Guerrero “Teti”, entregarán as camisetas aos premiados. Este acto terá lugar ás 18.15 h. …

Ares, 7 de setembro de 2014

… nas instalación de Prados Vellos, momentos antes da final da terceira xornada do Memorial, dedicada á categoría alevín. As rifas estarán á venda durante toda a xornada. A camiseta do Deportivo está asinada polos xogadores deportivistas e leva o número de Juan Domínguez.

Desde as 10.30 h. ata as 17.00 h. disputaranse os partidos correspondentes á primeira fase na categoría alevín. Comezará a xornada cos equipos do grupo A: Neda – Ánimas e Mugardos – Perlío. Este grupo complétase cun quinto equipo, o Val B. Ás 11.00 h. toca a quenda do grupo B: As Pontes – Maniños e O Val – Numancia. Durante toda a mañá e primeira hora da tarde buscarán a clasificación para as semifinais.

Ás 17.30 h. celebraranse as semifinais, a dous tempos de 15 m.

E xa no remate desta terceira xornada teremos a final e o partido para o 3º  – 4º posto. Á finalización, o concelleiro de deportes de Ares, d. José Juan Vilar, entregará as medallas e os trofeos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.