2ª XORNADA DO MEMORIAL: BENXAMÍNS

Sorteo dunha camiseta do R. Madrid e outra do R. Ferrol
 
Este sábado, 6 de setembro, o presidente da peña madridista “Betanzeira” de Ares, D. Juan Silvar, e o xogador aresán do R. Ferrol, Carlos López entregarán as camisetas aos premiados. Este acto terá lugar ás 20.00 h., …
 
Ares, 6 de setembro de 2014
 
… nas instalación de Prados Vellos, preto do remate da segunda xornada do Memorial, dedicada ás categorías de prebenxamíns e benxamíns. As rifas estarán á venda durante todo o día.
 
Desde as 10.30 h. ata as 17.00 h. disputaranse os partidos correspondentes á primeira fase na categoría benxamín. Comezará a xornada cos equipos do grupo A: Neda - Ánimas e Mugardos – Perlío. Este grupo complétase cun quinto equipo, o San Cibrao, chegado da Mariña lucense. Ás 11.00 h. toca a quenda do grupo B: Portuarios – O Val e Numancia – As Pontes. Durante toda a mañá e primeira hora da tarde buscarán a clasificación para as semifinais.
 
Ás 17.00 h. entrarán en liza as semifinais da categoría prebenxamín cun inédito choque fraternal entre o Numancia e o Numancia B. Na outra semifinal veremos un G. Mugardos – As Pontes.
 
Á continuación, a iso das 17.45 h. será o momento das semifinais benxamíns.
 
Xa no remate desta segunda xornada teremos as dúas finais e os partidos para o 3º-4º posto:
Final prebenxamín: 18.30 h.
Final benxamín: 19.30 h.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.