1ª XORNADA DO MEMORIAL. PREBENXAMÍNS

 

SORTEO DUNHA CAMISETA DO BARCELONA C.F.

Este venres, 5 de setembro, o presidente da peña barcelonista de Ares, D. Pedro Varela, estará presente no sorteo da camiseta blaugrana. Este acto terá lugar ás 20.00 h., …
Ares, 5 de setembro de 2014
… nas instalación de Prados Vellos, preto do remate da primeira xornada do Memorial, dedicada á categoría prebenxamín. As rifas estarán á venda durante toda a tarde.
Desde as 17.30 h. ata as 20.30 h. teremos ocasión de ver en acción aos cativiños dos equipos da comarca ferrolá. Abrirá o Memorial “Pedro García” un interesante Numancia – As Pontes, xunto co enfrontamento entre o Ánimas e O Val, pertencentes os dous partidos ao grupo A.
Ás 18.00 h. chega o clásico partido de rivalidade entre o Mugardos e o Numancia B, equipos encadrados no grupo B, ademais do Neda.
A xornada continuará con outros 6 partidos que porán o peche a esta primeira xornada a iso das 20.30h. cando xa se coñecerán os catro semifinalistas desta categoría.
Por último, expresar unha vez máis o noso agradecemento á peña barcelonista aresá pola súa colaboración neste Memorial.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.