Inicio Noticias Xerais TORNEO DE FÚTBOL – 8 "VI MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR".
 
 

TORNEO DE FÚTBOL – 8 "VI MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR".

HORARIOS E NORMAS

O próximo fin de semana, ao longo do venres 5, sábado 6 e domingo 7 de setembro celebrarase no campo municipal de Prados Vellos o VI Memorial Pedro García Vilar.

 



Ares, 3 de setembro de 2014.

No torneo participan un total de dez clubs: Ánimas, As Pontes, Cultural Maniños, G. de Mugardos, R, de Neda, Perlío, Portuarios, San Cibrao, O Val e Numancia.

VENRES 5:

En horario de tarde celebraranse os partidos da fase de grupos na categoría de prebenxamíns a cal está composta por dous grupos cos seguintes equipos.

Grupo A: Numancia, As Pontes, Ánimas e O Val.

Grupo B: R. de Neda, Numancia “B”, e G. de Mugardos.

Os partidos darán comezo ás 17:30 h e finalizarán ás 20:30 h. Terán unha duración de 25 minutos.

SABADO 6:

Haberá xornada de mañá e tarde. En horario de mañá - tarde se celebrarán os partidos da fase de grupos na categoría de benxamíns a cal está composta por dous grupos cos seguintes equipos.

Grupo A: San Cibrao, R. de Neda, Ánimas, G. de Mugardos e Perlío.

Grupo B: Portuarios, O Val, Numancia e As Pontes.

Os partidos darán comezo ás 10:30 h e finalizarán ás 16:55 h. Terán unha duración de 25 minutos.

En horario de tarde terán lugar as semifinais, 3º / 4º posto e finais das categorías de prebenxamíns e benxamíns.

DOMINGO 7:

Será a quenda para os alevins, haberá partidos ao longo de toda a xornada, pola mañá teran lugar os partidos da fase de grupos e pola tarde as semifinais, 3º / 4º posto e final. Os partidos darán comezo ás 10:30 h, estando previsto finalizar ás 19:45 h.

Na categoría de alevins tamén hai dous grupos, constituídos cada un deles polos seguintes equipos:

Grupo A: O Val “B”, R. de Neda, Ánimas, G. de Mugardos e Perlío.

Grupo B: As Pontes, Maniños, O Val e Numancia.

PICA AQUÍ para ver os calendarios e as normas do torneo.

 

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.