Inicio Noticias Xerais SORTEO DE CAMISETAS NO TORNEO DE F-8
 
 

SORTEO DE CAMISETAS NO TORNEO DE F-8

 

AS PEÑAS FUTBOLÍSTICAS ARESÁS APOIAN AO NUMANCIA
Catro camisetas: a do R. Ferrol, a do Deportivo, a do Barcelona e a do R. Madrid, regaladas ao Numancia para que as sortee no torneo de “Pedro García Vilar”-


Ares, 13 de agosto de 2014
Na presentación do TORNEO “CONCELLO DE ARES”, da categoría afeccionados, realizada a pasada semana, as peñas futbolísticas de Ares efectuaron a entrega dunhas camisetas que serán sorteadas durante a  celebración do Torneo de F-8 “Pedro García Vilar”, a disputar a principios de setembro.
Estiveron presentes os representantes da peña barcelonista, da peña deportivista e da peña madridista. Ademais, o concelleiro de deportes, José Juan Vilar entregou unha camiseta do R. Ferrol que tamén será sorteada no evento citado anteriormente.Estiveron presentes os representantes da peña barcelonista, da peña deportivista e da peña madridista. Ademais, o concelleiro de deportes, José Juan Vilar entregou unha camiseta do R. Ferrol que tamén será sorteada no evento citado anteriormente.
A peña barcelonista, representada por José Antonio Villa entregou unha camiseta que leva as sinaturas dos xogadores do primeiro equipo barcelonista.
O presidente da peña Betanzeira, d. Juan López,  fixo a entrega dunha camiseta do R. Madrid, co compromiso de que, se o afortunado no sorteo así o desexa, tamén sería asinada polos xogadores madridistas.
E, finalmente, a peña deportivista aresá, representada pola súa vicepresidenta, dª. Matilde Vázquez, doou unha camiseta de Juan Domínguez, asinada polos seus compañeiros do Deportivo.
Desde a ADR Numancia queremos agradecer esta colaboración coa nosa entidade e salientar o excelente clima de convivencia futbolística existente na nosa vila. Boa mostra disto o constitúen as diferentes actividades conxuntas que se levan desenvolvendo nos últimos anos, sempre impulsadas polo sr. concelleiro de deportes José Juan Vilar.

O presidente da peña Betanzeira, d. Juan López,  fixo a entrega dunha camiseta do R. Madrid, co compromiso de que, se o afortunado no sorteo así o desexa, tamén sería asinada polos xogadores madridistas. José Juan Vilar entregou unha camiseta do R. Ferrol
A peña barcelonista, representada por José Antonio Villa entregou unha camiseta que leva as sinaturas dos xogadores do primeiro equipo barcelonista. A peña deportivista aresá, representada pola súa vicepresidenta, dª. Matilde Vázquez, doou unha camiseta de Juan Domínguez, asinada polos seus compañeiros do Deportivo.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.