Fútbol 7: XORNADA DE CONVIVENCIA EN LUGO
Chegamos ás 11.00 e nada máis chegar, xa xogamos uns partidos amigables cos equipos desta entidade cos seguintes resultados:
alevíns
At. Abuín A, 1 – Numancia A , 4
At. Abuín B, 7 – Numancia B, 1
benxamíns
At. Abuín, 1 – Numancia, 6
prebenxamíns
Residencia B, 1 – Numancia, 3
Residencia A, 3 – Numancia, 2
Por suposto, os resultados son o de menos. O obxectivo era disfrutar da excursión: viaxar, coñecer outro club (os seus xogadores, os seus directivos, ..), estar todos xuntos durante unhas horas. E consideramos que o conseguimos, ata tal punto que deberiamos pensar en repetir esta experiencia todos os anos.
Desde aquí, queremos agradecer todas as atencións recibidas por parte da SDC Residencia, que en todo momento estiveron preocupados de que non nos faltara nada. Por suposto, saben que cando así o desexen, a vila de Ares e o Numancia estarían encantados de recibir a súa visita.
Rematados os encontros, as familias e os xogadores trasladámonos dando un paseo polas beiras do río Miño ata un restaurante próximo. Entre nenos e adultos sumamos 110 aresáns que durante un día disfrutamos dunha xornada festiva e calurosa ás beiras do río Miño.
Despois do xantar quedamos na preciosa área recreativa onde uns seguiron xogando (os nenos) e outros descansando (os adultos).
Á tardiña subimos aos autobuses que nos estaban agaradando e volta a Ares.