Inicio Noticias Xerais EXCURSION AO AQUAPARK DE CERCEDA
 
 

EXCURSION AO AQUAPARK DE CERCEDA

CHAPUZÓNS E RELAX COMO BROCHE FINAL

O pasado mércores 9 de xullo os equipos cadetes e xuvenís do Numancia disfrutaban da sua excursión fin de temporada ao Aquapark de Cerceda. Acompañados por algúns xogadores de modestos, infantís, monitores, amigos e amigas partían as 11:00 da Porta do Sol de Ares rumbo a localidade cercedense.

As 12:00 chegaba a expedición aresana ao Parque Acuático. Os 47 expedicionarios tomaban posicións no campo da instalación que recibía aos nosos excursionistas con nubes altas e temperatura suave. Os máis atrevidos probaban as piscinas e as atraccións xa antes da hora deNumancia de Ares. Aquapark (Cerceda) 09/07/2014 xantar. Unha vez realizada a comida o sol asomábase no ceo e quedábase xa durante toda a xornada de tarde. Foi unha tarde intensa que combinou momentos para tomar o sol co disfrute das piscinas e das atraccións. A mais frecuentada foi a multipistas (kamikaze) pola que pasaron todos os excursionistas para descargar adrenalina e gozar dos tobogáns que baixaban a toda velocidade ata ó agua. Algúns baixaron con tanta velocidade que mesmo voaron os seus reloxos. Tamén a piscina de olas tivo moito éxito entre os excursionistas aresáns, que non se asustaron pese a estar acostumados a tranquilidade das fermosas praias da Ría de Ares. Con visitas ao jacuzzi e algunha que outra partida de fútbol no verde do Aquapark chegabamos a hora de peche da instalación; na que algúns xogadores aproveitaron como os famosos Cristiano Ronaldo, Gerard Piqué e compañía para desfrutar das suas noivas (a diferencia é que nos non imos subir fotografías) Pero estade atentos ao Interviu ou a revista Hola nas próximas datas...

Sobre as 20:00 iniciaban os excursionistas numantinos (uns mais queimados que outros) o viaxe de regreso a Ares. Unha viaxe tranquila (con momentos para gozar das fermosas vistas) que remataba coa chegada a Porta do Sol as 21:00.

En definitiva, un día divertido e de relax para moitos compoñentes do Numancia. Agora xuvenís e cadetes deberán disfrutar do útimo mes de vacaccións antes de afrontar con forza a nova temporada 2014-2015.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡Feliz verán¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡ 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.