EXCURSIÓN A CERCEDA
MÉRCORES, 9 DE XULLO, VISITA AO AQUAPARK DE CERCEDA.
A ADR NUMANCIA organiza unha excursión este vindeiro mércores ao parque acuático de Cerceda. O prezo é de 12 € e inclúe a entrada ao Aquapark máis o transporte. A saída está prevista para as 11.00 h. desde a Porta do Sol, mentres que o regreso será a iso das 21.00 h.
As prazas vacantes no autobús iránse adxudicando segundo se efectúe a reserva correspondente. Aquelas persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico do Numancia: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo