Inicio Noticias Xerais IV TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVAS ARESANAS
 
 

IV TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVAS ARESANAS

CONVIVENCIA, CHURRASCO E ALGO DE FÚTBOL

Na soleada e calurosa tarde do pasado sábado tivo lugar en Prados Vellos o IV Triangular de Peñas Deportivas Aresanas no que participaron a Pena Madridista "O Betanzeiro”, Peña Deportivista Aresana e Peña Barcelonista Aresana; un evento deportivo e social que congregou no campo de fútbol aresan a numerosos aficionados das peñas participantes. Unha vez escoitados os himnos dos tres clubs, disputáronse os seguintes partidos:

 

Ares 14 de xuño de 2014

17:00 PEÑA DEPORTIVSTA 1 – PEÑA MADRIDISTA 0.

Comezaba a xornada co partido mais agardado por todos. Un equipo deportivista moi xoven e con veteráns ilustres era capaz de derrotar ao actual campeón, a peña Madridista un equipo tamén de gran nivel que combinaba veteranía e xuventude. Os últimos minutos do partido estiveron cheos de emoción e moita intensidade; onde por desgracia o xogador madridista Dani Cartelle sufría unha escordadura de nocello. ¡¡¡Ánimo Dani¡¡¡

18:00 PEÑA MADRIDISTA 3 – PEÑA BARCELONISTA 1.

No clásico das peñas, o equipo madridista resarcíase da sua derrota ante o "Depor" cunha vitoria ante un "Barsa" algo reforzado con respecto as anteriores edicións no que figuraban tamén nen@s pequenos e o xogador mais carismático dos triangulares de peñas, Pablo Mahía.

19:00 PEÑA DEPORTIVISTA 2 – PEÑA BARCELONISTA 1.

Vitoria da Peña Deportivista para proclamarse campión deste Triangular de Peñas Aresanas; relevando a Peña Madridista no palmarés das vitorias.

As 21:30 representantes das peñas, do Concello de Ares e da SDR Numancia de Ares gozaron dunha magnífica cea de confraternidade no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. A Rondalla "Os Trovadores de Ares" amenizaba os aperitivos cunhas magníficas mostras do seu repertorio. Os comensais degustaban os ibéricos, a empanada e o churrasco tan ben preparado pola sección de cociña do Numancia, co comandante "Juan" ao mando do mesmo, e os seus lugartenentes “Pepe” e “José Antonio”. No tempo do café chegaban os discursos por parte dos responsables das peñas, do Numancia e do Concello. Coincidían os representantes das tres peñas aresanas no importante desta xuntanza para o pobo e para os aficionados ao fútbol de Ares. Agradecían ao Numancia e tamén ao Concelleiro de Deportes a sua inestimable axuda para celebrar un novo triangular.

O responsable do Numancia agradecia a presencia de todos os membros das Peñas á cea de confraternidade e os emplazaba para futuros e sabrosos compromisos. O Concelleiro de Deportes de Ares D. Jose Juán Vilar amosábase orgulloso do comportamiento e do compromiso das tres peñas neste evento. Tanto o responsable do Numancia, o "multiusos" "Pepe" como o concelleiro de deportes facían unha mención especial aos rapaces do Numancia xuvenil (presentes na cea) pola sua magnífica participaciónn na Copa Delegación de Ferrol" así como aos xogadores do Racing de Ferrol xuvenil e do RC Deportivo de A Coruña xuvenil, Carlos López e Quique Fernández (tamén presentes na cea) pola sua magnífica temporada na élite do fútbol base no que levaron o nome de Ares polos campos de toda España. Para rematar os actos protocolarios facíase entrega por parte do Concello de Ares dun trofeo conmemorativo a todas as Peñas Deportivas Aresanas participantes no evento e tamén ao colexiado do mesmo pola sua paciencia.

Coa música de DJ Marcelinho e con tertulias arredor dos chupitos e cubatas remataba unha magnifica convivencia entre os aficionados ao fútbol do RC Deportivo de A Coruña, FC Barcelona e Real Madrid tendo todos un equipo en común, o ¡¡¡NUMANCIA DE ARES¡¡¡

Dende a SDR Numancia de Ares agradecer a todos os participantes a sua asistencia ao evento agardando ter estado a altura dos acontecimientos. ¡¡¡Ata a próxima edición¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.