Inicio Noticias Xerais CLAUSURA DO FUTBOL - 8. SANTA CATALINA 2014
 
 

CLAUSURA DO FUTBOL - 8. SANTA CATALINA 2014

A UNIÓN FAI Á FORZA

O pasado sábado no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro as categorías do fútbol - 8 do Numancia festexaron a sua festa de fin de temporada. Dende as 11:00 o persoal do Numancia preparou a comida, as mesas e as instalacións para que todo estivese perfeto. A partir das 13:00 foron chegando os nenos e os seus familiares.

Os primeiros en comer erán os nenos que degustaban as pizzas, empanadas e tortillas atendidos polos adultos. Posteriormente e previo brindis de bendición e celebración chegaba a hora do xantar para os maiores nun ambiente de festa e convivencia.

Na sobremesa, levaríanse a cabo os sorteos de moitos agasallos cedidos por diversos clubs, Concello de Ares e de empresas privadas. Estos foron os premiados:

PRAZA GRATUITA PARA O CAMPUS DE DIEGO RIVAS EN ARES:

- Marcos Espiñeira (prebenxamín).

PRAZA GRATUITA PARA O CAMPUS DO RC CELTA DE VIGO EN ARES:

- Mario García (alevín).

- Naím Moya (alevín).

BALÓN ASINADO POLOS XOGADORES DO RC DEPORTIVO DE A CORUÑA:

- Daniel Varela (prebenxamín).

CAMISETA DO RC CELTA DE VIGO DO XOGADOR FERROLÁ, ALEX LÓPEZ:

- Rubén Díaz (alevín).

EQUIPACIÓNS DA SELECCIÓN ESPAÑOLA CEDIDAS POLO CONCELLO DE ARES:

- Marcos Rey (benxamín).

- Iván Saavedra (benxamín).

CAMISETAS DE MUCHACALIDAD CEDIDAS POLO SEU RESPONSABLE, MANEL DÍAZ:

- Ismael Souto (prebenxamín).

- Telmo Gómez (benxamín).

VALES PARA PERSONALIZAR AS BOTAS DE FÚTBOL CEDIDAS POR SOLUCIONE BORDADOS FERROL:

- Aketx Aranaga (prebenxamín).

- Martín Rodríguez (alevín).

- Leo Iglesias (prebenxamín).

Da mesma maneira, todos os xogadores das categorías de fútbol - 8 presentes neste xantar de fin de temporada foron agasallados cun banderín do Numancia e un chaveiro das Escolas Municipais Deportivas 2014 por xentileza do Concello de Ares. O Concelleiro de Deportes do Concello de Ares D. Jose Juán Vilar entregou tamén chaveiros e banderíns a un representante de cada familia dos xogadores presentes neste día de convicencia.

Despois dos premios, os nenos seguiron cos xogos nos patios e xardíns do Monasterio co balón como principal protagonista. Os adultos alargaron o café enlazando coa merenda entre diálogos e proxectos de futuro onde aproveitaron tamén para facerlle á rosca aos seus respectivos adestradores. Con humor, ledicia e unha gran convivencia remataba este día de festa numantina no Monasterio de Santa Catalina.

 



Dende o Numancia de Ares queremos agradecer ao Concello de Ares, RC Deportivo de A Coruña, RC Celta de Vigo, Campus de Porteiros Diego Rivas, Muchacalidad e Solucione Bordados Ferrol por achegar os diferentes agasallos para os nosos nenos. Tamén agradecer a "Moncho" responsable do Mosteiro de Santa Catalina pola sua hospitalidade e amabilidade coa familia do Numancia.

En definitiva, un ano mais a familia do fútbol - 8 do Numancia uniuse para pechar unha nova temporada. Demostrouse que o fútbol - 8 do Numancia está cheo de forza e de vitalidade. Agora e tempo para cumprir os compromios cos Torneos do mes de xuño e de coller unhas mais que merecidas vacacións para cargar pilas de cara a unha nova temporada onde coma sempre:

¡¡¡¡OS NENOS DEBEN SER OS ÚNICOS PROTAGONISTAS¡¡¡

¡¡¡¡MOITAS GRACIAS A TOD@S POLO VOSO APOIO E COMPROMISO NESTA TEMPORADA¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

  

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.