Fútbol 7: EXCURSIÓN A LUGO

S.D.R. Numancia de Ares. Excursión a Lugo. Torneo Fútbol 7.Como remate desta temporada 2008-09 o fútbol -7 do Numancia organiza unha excursión a Lugo para o domingo, 21 de xuño. Ademais de visitar a cidade das murallas disfrutaremos dunha xornada futbolística no campo da Cheda enfrontándonos aos equipos da SDC Residencia.

 

O programa completo da viaxe é o seguinte:


9.15 h.: saída dende a Porta do Sol


11.00 h. : alevíns

At. Abuín A – Numancia A

At. Abuín B – Numancia B


12.00 : benxamíns

At. Abuín – Numancia


prebenxamíns

Residencia – Numancia


13.00 – 16.00: xantar


Pola tarde: paseo pola cidade


19.30: regreso

20.45: chegada á Porta do Sol. Ares


REUNIÓN COAS FAMILIAS:

Para ultimar todos os detalles desta saída, convocamos a todas aquelas familias que estaban apuntadas a unha reunión informativa o xoves, 18 de xuño ás 19.00 h. no local social do Numancia, sito en Prados Vellos.


Unha vez máis debemos agradecer a colaboración do concello que pon á nosa disposición dous autobuses. Con esta excursión pretendemos, por unha banda, contribuír na promoción turística do noso concello, e por outro lado, iniciar unha dinámica de establecer relacións de amizade con entidades semellantes á nosa e pertencentes a outras provincias galegas.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.