Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO DE 2014
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO DE 2014

EN BUSCA DUNHA NOVA FINAL

Coa chegada do mes de xuño, os partidos para os equipos do Numancia van a menos; de feito algúns xa se atopan de vacacións. Iso si, os que quedan son de suma importancia. Analizamos:

 


XUVENÍS: Nos próximos 7 días xóganse o pase a Final da Copa de Ferrolterra 2013-2014 que terá lugar no campo de A Gándara o sábado 14 de xuño.

Polo de pronto, o sábado, día 7, ás 17:00 visitan o Municipal de Cariño para xogar ante o equipo local o partido de ida da semifinal.

O XÓVES 12 de xuño a partir das 19:30 Prados Vellos ten que ser unha caldeira xa que no noso terreo de xogo disputaráse o partido de volta onde se decidirá o pase a finalísima.

Polo tanto, este fin de semana debemos de estar moi pendentes do que faga o equipo xuvenil en Cariño e preparar unha boa Marea Vermella de momento para o partido de volta o xóves en Ares. ¡¡¡A por todas rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8: O sábado a partir das 13:00 no Mosteiro de Santa Catalina as categorías de biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns disfrutarán da festa de fin de temporada. Un bo xantar, xogos, sorteos de grandes premios e agasallos para todos os participantes serán os ingredientes desta tradicional xornada de convivencia entre nenos e familiares de todos os equipos de fútbol - 8.

O domingo os benxamíns participarán no Torneo Vila de Pontedeume onde xogarán na fase de grupos ante o Eume Deportivo as 9:30 e ante o CD San Sadurniño as 13:30.

En definitiva, bonito fin de semana coa atención centrada na sefiminal de xuvenís e coa festa do fútbol - 8 como protagonista tamén no aspecto social.

Vémonos nesta xornada en Cariño, Prados Vellos, Montefaro ou en Pontedeume.

¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Numancia de Ares. Faro de Cabo Ortegal (Cariño)

 Numancia de Ares. Mosteiro de Santa Catalina.

 

 

 

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.