Inicio Noticias Xerais II CAMPUS PARA PORTEIR@S DIEGO RIVAS. SESIÓN MAXISTRAL.
 
 

II CAMPUS PARA PORTEIR@S DIEGO RIVAS. SESIÓN MAXISTRAL.

Información complementaria para adestradores de fútbol interesados en tomar parte na sesión maxistral que dentro do II campus Diego Rivas- Concello de Ares, impartirá o adestrador de porteiros Marcos Abad na xornada do venres 27 de xuño ás 17h:



Dentro do II Campus Diego Rivas- Concello de Ares, que terá lugar a derradeira semana de xuño, os días 25, 26 e 27 en Ares (A Coruña), temos prevista una actividade previa á clasusura que estaría adicada a visionar una proposta de adestramento de porteiros impartida polo prestixioso adestrador de porteiros de fútbol Marcos Abad, na actualidade técnico do Elxe C.F .(ver máis información sobre Marcos Abad en www.marcosabad.com).Dita sesión terá lugar ás 17 h. primeiro no salón de actos da Alianza Aresana, e despois nunha sesión práctica, no campo municipal de Prados Vellos (Numancia de Ares ADR). Ao remate será posible intercambiar impresións cos técnicos alí presentes. Para poder tomar parte dunha forma semiactiva, ubicándose nunha zona preferente do campo de fútbol, onde discurrirá a sesión, é preciso inscribirse de forma totalmente gratuíta, indicando nome, apelidos e club de procedencia, enviando un correo ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou chamando ao teléfono 981 468 562, de luns a venres en horario de mañá de 9,30 a 13h. ou de tarde de 16,30 a 22horas.

SERVIZOS DEPORTIVOS DO CONCELLO DE ARES

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.