Inicio Noticias Xerais HOMENAXE A PEDRO
 
 

HOMENAXE A PEDRO

S.D.R. Numancia de Ares. Homenaje a Pedro García Vilar. Prados Vellos Ares.O sábado 13 de xuño e como continuidade ao torneo de fútbol-7 “I Memorial Pedro García” disputado durante toda a semana, celebráronse en Prados Vellos unha serie de actos organizados pola AFACO coa intención de pechar unha semana onde o protagonista foi o noso querido Pedro.

 

Iniciouse esta xornada ás 11.00 h. co primeiro partido entre un combinado sub-14 e o equipo cadete do Numancia (participaron tamén algúns infantís). Os seleccionadores da AFACO, Manolito e Jesús contaron cos seguintes xogadores:

Capi, Juan e Álex (As Pontes), David Allegue, Adrián Román e Óscar (Eume), Edgar, Marcos e Samuel (Meirás), Joaquín e Javi (Mugardos), Monty e Carlos (Narón), Álex e Dieguito (Ortigueira), Boris e Carlos (Perlio) e Dani e Iván (Val).

Arbitrou Jorge Martínez e o resultado final foi de NUMANCIA, 0 – AFACO, 7. O resultado evidencia a clara superioridade do combinado comarcal.


Ás 13.30 h. celebrouse un XANTAR DE CONFRATERNIDADE, no que estiveron presentes, entre outros: o señor alcalde de Ares, Julio Iglesias; o delegado da Federación Galega, Varela; o delegado do Colexio de árbitros, Bellón; a directiva da AFACO; a directiva do Numancia; e os adestradores e árbitros que participaron neste evento.


Ás 17.00 h. continuaron estes actos coa disputa do partido entre un combinado sub-17 e o equipo xuvenil do Numancia.Para este partido, os seleccionadores Quique (Meirás) e Mahía (Eume) dispuxeron só de doce xogadores:

Jesús Cañizares (As Pontes B), Adrián Arex e Samuel Iglesias (Eume), Adrián Santalla, Adrián Bouzamayor, Luis Blanco e Marcos Díaz (Meirás), Pedro (Mugardos), Yon Badiola (Neda), Trullo (Ortigueira), Santiago Salgado (Perlio), e Santiago Baamonde (San Sadurniño).

David Brito foi o colexiado deste partido. Neste encontro houbo máis igualdade e finalmente a vitoria decantouse polo Numancia que venceu por tres goles a dous ao combinado da AFACO.


Ás 19.00 h. realizouse a entrega de agasallos á familia de Pedro, concretamente o presidente da AFACO, Carlos Janeiro; o delegado da Federación, Varela; o delegado do Colexio de árbitros, Bellón; e tamén o Barallobre, entregaron sendas placas. Todos eles quixeron agradecer e manifestar o inxente traballo realizado por Pedro non só polo Numancia senón por todo o fútbol afeccionado desta comarca.


Finalmente tivemos a ocasión de asistir ao partido final da xornada, entre un combinado de afeccionados da AFACO e un Numancia “especial” no que compartían a camisola vermella, numantinos veteráns e outros que militan en equipos de categoría superior, completando un gran equipo. O seleccionador da AFACO, Ángel Mahía (lamentamos a ausencia de Juan Fernández e solidarizámonos con estes dous traballadores que están a vivir unha situación tan dramática) utilizou aos seguintes xogadores:

Fonso (Barallobre), Álex (Bemantes), Pablo (Cabanas), Borja (Cañoles), Álex (Capela), Roberto (Cariño), Pita (Cebarca), Dani (Eume), Toni (Mandiá), Roberto (Maniños), Chape (Meirás), Ismael (Moeche), Santi (Monfero), Chipi (Mugardos), Casal (Narahío), Javi (Ortigueira),Marcos (Rosalía), Bértalo (San Mateo), Ángel (San Sadurniño)e Pablo (Valdoviño)

Juan Alberto, adestrador do Numancia, contou con: Ángel Mahía, Andrés, Jose Mahía,Dani René, Peinado, Manel, Pedro, Manu, Rafita, Marcelino, Fran Bardanca, Juan Escudero, Beto, Zalín, Permuy, Dani, Vicente, Redondo, Jesús, Oli, Fernando, Jose e Javi.

Arbitrou Alberto Martínez, auxiliado por Jorge Martínez e David Brito. O resultado final quedou nun catro a dous a favor do Numancia.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.