Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 30 DE MAIO AO 1 DE XUÑO.
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 30 DE MAIO AO 1 DE XUÑO.

¡¡¡TOD@S COS XUVENÍS¡¡¡

Os equipos do Numancia siguen a recta final de temporada. Esta xornada temos aos xuvenís xogando os cuartos de final de Copa. Analizamos o que nos agarda:

 



XUVENÍS: Xogan os Cuartos de Final da Copa de Ferrolterra a partido único ante o CD San Sadurniño. Gran premio para o traballo durante a temporada dos rapaces e corpo técnico. Coa axuda da Marea Vermella poden colarse nas semifinais da Copa Xuvenil. ¡¡¡O sábado as 17:00 en Prados Vellos a Marea Vermella ten unha cita cos xuvenís¡¡¡. Non podedes faltar.A Marea Vermella na final de copa de cadetes (24/05/2014)

CADETES: Comezan a sua andaina pola Copa AFACO nos cuartos de final. CD As Pontes, Rápido de Neda e Numancia buscarán o pase a semifinais nun triangular que se disputará no Municipal de Neda o sábado a partir das 11:00.

INFANTÍS: Xogan as semifinais da Copa AFACO. Un premio para este sufridor equipo de infantís. Será en formato triangular onde CD As Pontes, SD O Val e Numancia busquen o pase a final do Torneo o domingo a partir das 10:30 no campo de O Poboado de As Pontes. ¡¡¡A por todas rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Os benxamíns despiden a Liga este venres a partir das 19:00 en Prados Vellos ante a SCRD Ánimas de Ferrol. Os prebenxamíns recordaran os seus inicios futbolístitcs e xogarán a Fútbol Sala no Torneo de Base do Xarío FS o sábado no pavillón de Miño. Os biberóns xogan este xoves en A Pedreira o partido aprazado co Mugardos as 17:30. O venres despedirán a Liga AFACO na xornada de convivencia nas instalacións de O Poboado en As Pontes medíndose ao Narón e recibindo as suas mais que merecidas medallas.

En definitiva, unha vez terminada a temporada de modestos a ilusión, atención e ánimo da Marea Vermella ten que centrarse nun equipo xuvenil que tan bo traballo fixo e que nos fai presumir de canteira.

Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Neda, As Pontes, Miño ou en Mugardos.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.