PREVIA: FIN DE SEMANA DO 16 AO 18 DE MAIO DE 2014

ESTE DOMINGO, SESIÓN VERMOUTH

Nova xornada de competición para os equipos do Numancia. Non para todos, xa que algúns descansan agardando polos Torneos copeiros ou estivais. Analizamos a xornada coa Copa de modestos como protagonista:

 



MODESTOS: Despois dunha boa competición de Liga comeza á Copa. O Torneo do KO no que o Numancia quere chegar o mais lonxe posible. O primeira batalla para conseguilo será este domingo ante o recentemente ascendido a 2ª Autonómica, o Estrella CF. Os de Santa Cecilia contan ao seu favor co terreo de xogo pequeno e de área e co horario matinal. Os numantinos deberán estar moi concentrados, motivados e comprometidos Os Modestos celebrando o ultimo gol da liga. Numancia de Ares.nunha dura eliminatoria a partido único. Será o domingo as DOCE no campo de A Solana de Santa Cecilia. É moi importante que a Marea Vermella acompañe ao Numancia neste partido. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

XUVENÍS: Despiden a Liga ante un rival situado na zona media como ó Numancia. ¿Haberá un novo empate? Ven a Prados Vellos o sábado as 16:00 para ver o Numancia - SD O Val "B" e sair de dúbidas.

INFANTÍS: Despiden tamén a Liga visitando ao Miño. Os rapaces buscarán sacar algo positivo ante un rival que tamén terminará a Liga na zona baixa. Será o venres as 19:00 no Municipal de Gallamonde en Miño.

FÚTBOL - 8: Os benxamíns reciben ao CD As Pontes o venres as 18:45 en Prados Vellos na antepenúltima xornada de Liga. Os prebenxamíns partician na Copa Delegación en Perlío xogando na fase de grupos ante G. Caranza "C" e G. Caranza "D" o venres é o sábado.

En resumo, fin de semana con menos partidos que de costume pero con unha cita ineludible para toda a Marea Vermella. O domingo vémonos na sesión vermouth de Santa Cecilia onde agardemos que a orquesta do Numancia ofrezca un bo espectáculo.

Vémonos este fin de semana en A Solana, Prados Vellos, Miño ou en Perlío.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.