ITV: FIN DE SEMANA DO 9 AO 11 DE MAIO DO 2014

DE TODO COMO EN BOTICA

Nova xornada de competición para os equipos do Numancia. Modestos e cadetes remataron as sua participación na Liga e os demais equipos están tamén cerca de terminalas. Analizamos a xornada:

 



MODESTOS: Gran vitoria en Prados Vellos ante o subcampión de Liga o Cedeira SD. Un triunfo que permite aos numantinos terminar á Liga nunha meritoria 5ª posición. Agora as forzas e as ilusións céntranse na emocionante competición de Copa.Numancia de Ares. Os outros xogadores.

XUVENÍS: ¿Empatarían os xuvenís? Pois si. Novo punto sumado esta vez a domicilio no campo do Misael Prieto en Meirás para seguir situados na zona media da clasificación.

CADETES: Derrota na última xornada de Liga para os cadetes ante o Eume Deportivo en Prados Vellos. Será mellor esquecerse desta mala participación na Liga onde remataron na zona baixa e centrarse na final de Copa ante o Meirás o 24 de maio.

INFANTÍS: Derrota en Prados Vellos ante o Narón nunha nova xornada de Liga.

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Os alevins fixeron unha magnífica competición de Copa Delegación de Ferrol na xornada de convivencia Concello de Mugardos chegando a disputar as semifinais. Os benxamíns venceron nun derbi igualado ante o G. Mugardos en Prados Vellos. Os prebenxamíns gozaron dun merecido descanso. Os biberóns fixeron vibrar a aficción nun novo partido da Liga AFACO ante o R. Neda en Prados Vellos.

En definitiva, unha xornada que serviu para ir pechando as competicións de Liga. Uns conxuntos quedaron, ou están a quedar mais contentos que outros pero o importante e que todos os conxuntos do Numancia teñen saúde e seguirán competindo con moita forza e ilusión ata final de xuño nos Torneos copeiros. ¡¡¡Non paramos¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.