Inicio Noticias Xerais CAMPUS DE VERAN FUNDACION CELTA DE VIGO 2014
 
 

CAMPUS DE VERAN FUNDACION CELTA DE VIGO 2014

PARA NEN@S DE 4 A 15 ANOS.

Entre o 14 e 18 de xullo celebrarase en Ares a quinta edición do Campus organizado pola Fundación Celta de Vigo, en colaboración co concello de Ares.

 

Ares, 13 de maio de 2014.

A continuación citamos a nota de prensa remitida polo concello de Ares:

“O CONCELLO DE ARES PRESENTA O CAMPUS DE VERÁN DE FÚTBOL DO CELTA DE VIGO.

A iniciativa desenvolverase durante o mes de xullo e os país e nais dos rapaces interesados xa poden formalizar a súa inscripción.

O concello de Ares, presentou en rolda de prensa o campus que a Fundación Celta de Vigo levará a cabo, por quinto ano consecutivo, durante o mes de xullo no campo municipal de Prados Vellos. Os nenos e nenas de 4 a 15 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa nas anteriores edicións obtivo un importante éxito de participación e que nesta ocasión desenvolverase entre os días 14 e 18 de xullo, en horario matinal.Presentación no concello de Ares do V campus de verán Fundación Celta de Vigo.

Cada participante recibirá una equipación completa de adestramento do Celta de Vigo, da marca ADIDAS, composta por camiseta, pantalón e medias, e poderá disfrutar durante cinco días nos que mellorar o seu nível futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade. Na presentación, celebrada hoxe, os organizadores explicaron a metodoloxía de adestramento, de forma que en cada xornada as/os nenos dividiranse en grupos e os monitores procedentes do club olívico, e con ampla experiencia na formación deportiva, crearán diferentes estacións dependendo do número de alumnos e da superficie coa que se conte. Os nenos e nenas irían pasando dunha a outra realizando os xogos establecidos. Desta forma, segundo se indicou na presentación de hoxe, toda a actividade será de carácter lúdico pero sempre sen deixar de lado os aspectos técnicos.

O prezo é de 130 euros para o público en xeral, mentras que no caso dos empadroados/as en Ares ou dos xogadores das categorías de base dos clubs Numancia de Ares e Galicia de Mugardos, o prezo será de 115 euros.

Á presentación celebrada esta tarde no consistorio aresán, na que estiveron presentes o alcalde Julio iglesias, e o edil de deportes José Juan Vilar, xunto co Presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, o xogador ferrolá do primeiro equipo Alex López, e os representantes do Numancia Xoan M. Vázquez e Farncisco M. Iglesias, servíu para dar conta de todos estes detalles ademáis do obxectivo principal da iniciativa que tal e como sinalaron os seus responsables, pretende achegar os valores do deporte á sociedade, tales como a superación, o traballo en equipo, o compañerismo ou a creatividade.

Asi mesmo, no enderezo www.fundacioncelta.com poderase tramitar a inscripción así como recoller canta información se precise ao respecto desta iniciativa.”

 

 

V Campus de Verán Fundación Celta de Vigo en Prados Vellos (Ares)

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.