Inicio Noticias Xerais PREVIA: FIN DE SEMANA DO 9 AO 10 DE MAIO DE 2014
 
 

PREVIA: FIN DE SEMANA DO 9 AO 10 DE MAIO DE 2014

ENCARANDO A RECTA FINAL

Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Chega o momento de ir poñendo fin as competicións ligueiras e de comezar a prepararse para as competicións de Copa. Analizamos:

 



MODESTOS: Última xornada da 2ª Autonómica. O noso equipo recibirá o subcampión da Liga, o Cedeira SD coa intención de acabar a competición entre os cinco primeiros clasificados. Necesitan a vosa axuda para conseguilo. O domingo ás 17:00 cita da Marea Vermella co primeiro equipo en Prados Vellos. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡ Numancia de Ares. Instante partido juveniles Numancia - Meirás (11/01/2014)

XUVENÍS: Viaxan na penúltima xornada de Liga ao concello de Valdoviño para xogar ante o Meirás. Dous equipos da zona media da clasificación buscaran a vitoria para coller moral de cara a competición copeira. Será o sábado as 16:30 no Misael Prieto.

CADETES: Penúltima xornada de Liga que será a última para os nosos xa que descansan na derradeira xornada. Xogarán ante o Eume Deportivo que se está a xogar a sua participación na fase de ascenso. O Numancia buscará chegar coas mellores sensacións a final copeira do 24 de maio. Será o sábado as 18:15 en Prados Vellos despois dos infantís.

INFANTÍS: Penúltima xornada de Liga na que reciben a un rival da zona media como é o Narón Balompé. Os infantís buscarán facer un bo partido na sua despedida ligueira de Prados Vellos. Abrirán boca na xornada de tarde en Prados Vellos o sábado as 16:30 antes cos cadetes. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

FÚTBOL - 8 e BIBERÓNS: Os alevíns participan na Copa - Xornada de Convivencia - Concello de Mugardos no campo de fútbol de A Pedreira o venres e o sábado xogando na fase previa ante C. Maniños, R. Neda e Perlio "B. Os benxamíns xogan o sábado as 11:00 o derbi ante o G. Mugardos en Prados Vellos. Os prebenxamíns descansan. Os biberóns mídense o venres as 18:45 ao Rápido de Neda nunha nova xornada da Liga AFACO biberón.

En resumo, nova xornada que servirá para determinar as posicións dalgúns dos nosos equipos nas competicións de Liga e tamén para preparar as ilusionantes competicións de Copa.

Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Meirás ou en A Pedreira.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.